O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, explica que “son moitos os veciños e propietarios de negocios de hostalería que amosaron o seu malestar por esta situación que está a minorar a seguridade” xusto nun momento, a Semana Santa, no que os turistas e as persoas que teñen a súa segunda residencia en Barreiros aproveitan para achegarse ao municipio a descansar
Barreiros, 15 de abril de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros denuncian que en plena campaña turística como é a Semana Santa a estrada da costa, que conecta numerosos puntos de interese así como negocios de hostalería, “presenta numerosas deficiencias de alumeado”.
O voceiro municipal, José Manuel Gómez Puente, denuncia esta situación e esixe “que se corrixa de inmediato xa que, ademais de dar unha imaxe moi pobre do municipio, estase a minimiza a seguridade xa que o alumeado é fundamental”.
José Manuel Gómez Puente sinala que “son moitos os veciños que xa puxeron esta situación no noso coñecemento, así como as queixas dos propietarios dos negocios de hostalería son importantes” xa que “a realidade é que son moitos os farois apagados, tanto nas proximidades dos negocios como noutros puntos do municipio”.
O voceiro popular pregunta á alcaldesa “por que se dá esta situación en plena Semana Santa, un dos momentos do ano que os turistas aproveitan para visitar Barreiros, así como aquelas persoas doutras localidades que teñen a súa segunda residencia no municipio e aproveitan estes días de descanso para achegarse a Barreiros”.
SITUACIÓN HABITUAL
José Manuel Gómez Puente lamenta que esta situación siga a darse no municipio xa que “denunciamos en numerosas ocasións que había que recuperar o alumeado na rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, ademais da vía que dan acceso á mesma, para garantir a seguridade viaria”.
O voceiro popular recorda que estes farois fundíronse en maio do ano pasado mentres que os da rotonda de acceso a autovía A-8 levan anos así e non se volveron a acender a pesar de que “esta rotonda conecta dúas das estradas máis transitadas da Mariña, polo que é un punto polo que circulan cada día miles de vehículos”. “Ninguén pode entender que non teña iluminación”, sinalou.



















Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



