Lugo, 2 de abril de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, manifestou a súa preocupación tras coñecer o anuncio de peche da fábrica de Sargadelos en Cervo, decisión comunicada hoxe polo administrador único da empresa, Segismundo García. “Espero que non se consume o peche, porque non pode haber un peche patronal sen autorización da autoridade laboral. Sería unha perda dun referende industrial e cultural de Galicia”, declarou Tomé, lembrando que, para cesar a actividade, a empresa debería presentar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que debe ser autorizado pola Xunta de Galicia ou, no seu defecto, acreditar perdas económicas durante varios exercicios consecutivos.
Tomé Roca considera que este anuncio podería ser “unha medida de presión do propietario fronte á Xunta” e instou ao Goberno galego a actuar con firmeza. “Espero que a Xunta estea á altura das circunstancias e non permita o peche, porque o peche patronal está prohibido por Lei”, incidiu.
Nas súas palabras o mandatario provincial subliña que Sargadelos “é algo máis que unha empresa” e que forma parte do patrimonio industrial e cultural “de todos os lucenses e de todos os galegos”. Por iso, considera imprescindible buscar solucións que garantan a continuidade da actividade e dos postos de traballo.
Así mesmo, valorou as 36 deficiencias detectadas pola Inspección de Traballo e coñecidas nestes día como “moitas”, advertindo de que este historial podería implicar responsabilidades xudiciais para a dirección da empresa.
A Deputación de Lugo seguirá atenta á evolución da situación e fai un chamamento á responsabilidade de todas as partes implicadas para evitar a perda dun referente histórico e económico para a provincia de Lugo e para Galicia.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



