Este luns retómanse os traballos, que se viron obrigados a suspenderse polo mal tempo, e que consisten na drenaxe, ensanche, aglomerado en quente, sinalización e pintado con marcas reflexivas brancas
Lugo, 19 de abril de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, supervisou este mércores os traballos de mellora da estrada provincial LU-P-1503, que vai dende Río Covo, por Trasbar, a Vilaestrofe, no termo municipal de Cervo. A institución provincial destina máis de 400.000€ a estes traballos, que servirán para renovar case os 3 primeiros quilómetros da vía, desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 2,6.
As obras xa van avanzadas e xa se executou un primeiro tramo, ata o punto quilométrico 1,2. Este luns, se o tempo o permite, retomaranse os traballos, que se tiveron que suspender pola climatoloxía adversa do inverno.
Subliñou Tomé Roca, quen estivo acompañado do Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e veciños e veciñas da localidade mariña, que esta é unha actuación de gran importancia, xa que a vía LU-P-1503 enlaza coa estrada provincial LU-P-1502 e serve de acceso a múltiples servizos, comunicando co concello de Burela e o Hospital Público da Mariña, así como cos campos de fútbol da Granda en Rúa e o da Chá en Vilaestrofe, e co Miradoiro de Monte Castelo.
Os traballos
Nas obras que se están a desenvolver nesta estrada provincial, comezouse coa reapertura das cunetas, eliminando terra e vexetación acumuladas para recuperar a súa capacidade de drenaxe e asegurar a durabilidade do firme. Ao mesmo tempo, procédese á escavación nos laterais da vía para ampliar a calzada, enchendo con materiais axeitados como grava ou pedra compactada, segundo as condicións do terreo.
Os traballos inclúen o ensanche da vía, logrando que acade un ancho novo que varía entre os 5,20 e os 5,75 metros, dependendo do tramo. Nalgúns puntos, as cunetas serán revestidas con formigón para reforzar a súa estrutura. Ademais, estanse realizando actuacións no sistema de drenaxe, como a colocación de tubos ou pezas prefabricadas para gañar espazo sen afectar muros nin taludes, e a limpeza ou substitución de elementos en mal estado para garantir unha correcta evacuación das augas.
Unha vez acondicionados os bordes da estrada, colócase unha capa de zahorra e logo esténdese o aglomerado en quente, garantindo así unha mellor regularidade e resistencia da superficie. Finalmente, procederase á renovación da sinalización horizontal, con pintura branca reflectora, e da sinalización vertical, substituíndo os sinais en mal estado. Tamén se instalarán biondas nos treitos onde sexa necesario reforzar a seguridade viaria.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



