Trabada, 3 de abril de 2025. O Concello de Trabada organiza unha gran festa o vindeiro sábado 10 de maio na Praza do Concello, cunha noite de música e diversión para todos os públicos maiores de idade. O evento, que comezará ás 23:00 horas, contará coa actuación estelar da Orquestra New York, dentro da súa xira Un paso adelante, e a sesión especial do DJ convidado Marcos Magán. A festa celebrarase nun recinto cuberto con carpa para garantir a comodidade dos asistentes.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca a importancia deste evento no calendario festivo local: “Esta festa era antes coñecida como a Festa da Xuventude, pero agora está dirixida a todos os públicos maiores de idade. Queremos que os nosos veciños e veciñas poidan desfrutar das mellores orquestras nunha data diferente ás festas patronais, que adoitan ser máis complicadas de organizar”.
O evento conta coa colaboración da Comisión de Festas de Trabada, Gaias Eventos e Promociones Artísticas Vázquez e promete ser unha noite inesquecible con música en directo, animación e ambiente festivo.
Desde o Concello de Trabada, anímase a toda a veciñanza e visitantes a asistir e desfrutar desta celebración.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



