A Deputación desenvolverá estas viaxes gratuítas pola xeografía lucense nas que participarán entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia, dende esta semana e ata o 27 de xuño e de setembro a outubro
Lugo, 3 de abril de 2025. A Deputación de Lugo vén de arrancar esta semana a quinta tempada do Coñece a túa provincia, o programa de viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial do que se beneficiarán 3.036 persoas e no que participarán entidades sen ánimo de lucro que teñen a súa sede nalgún dos 67 concellos da nosa provincia, e que ten como obxectivo impulsar o turismo de proximidade e dinamizar a economía local. A tempada desenvolverase en dúas quendas, dende esta semana ata o 27 de xuño; e de setembro ao mes de outubro.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, deu a benvida este xoves no Pazo de San Marcos a un dos primeiros grupos deste arranque de tempada. Trátase dos integrantes da Asociación Sociocultural de Veciños Camiño Real de Meixonfrío, de Taboada, que elixiron como destino A Mariña Lucense.
O programa Coñece a túa Provincia, que se iniciou en 2021, segue consolidándose como unha das iniciativas máis exitosas da Deputación de Lugo. “Desde a súa creación, este programa demostrou ser un rotundo éxito, en termos de participación e de beneficios económicos xerados para a nosa provincia, apuntou a Deputada. Segundo sinalou, “esta iniciativa superou os 600.000 euros de retorno económico promovendo o turismo local e contribuíndo de maneira directa á dinamización económica dos nosos concellos”, comentou a Deputada.
Pilar García Porto subliñou que dado o éxito da iniciativa a institución provincial mellorou a oferta do programa, engadindo novas rutas e itinerarios cada tempada. Na súa quinta edición, como novidade, inclúese a incorporación de rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida, un paso importante cara unha oferta turística máis inclusiva. “Queremos que todas as persoas poidan gozar da nosa rica e variada oferta turística, facendo do turismo unha ferramenta de inclusión, accesibilidade e desenvolvemento para todas e todos”.
Ademais, García Porto aproveitou a ocasión para desexar experiencias únicas nestes novos percorridos aos participantes. “Estou segura de que este programa continuará sendo unha fonte de enriquecemento para todas as persoas que o desfruten e que, ao mesmo tempo, seguirá contribuíndo ao impulso da economía da nosa provincia”, apuntou.
A tempada comezou este mércores coa Asociación de Veciños Santo Cristo das parroquias de San Fiz de Cangas e San Julian de Serode, de Pantón. O grupo partiu da Granxa Gayoso Castro para achegarse ata A Mariña e coñecer o municipio de Burela.
Este xoves, ademais da asociación taboadesa de Veciños Camiño Real de Meixonfrío, tamén viaxaron ata a comarca mariñá os da Asociación de Comerciantes e Artesanos de Samos, tras coñecer as instalacións da Granxa provincial. O grupo percorrerá a pé un tramo do paseo de Barreiros, visitará a praia das Catedrais e logo desprazarase a Rinlo.
Por último, o venres a Asociación Veciñal e Cultural Caballo Branco de Santiago de Cangas, de Pantón, partirán do Centro de Interpretación Terras do Miño para visitar o municipio de Monforte de Lemos, que inclúe unha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil.
Preto de 2 mil persoas de 85 asociacións viaxarán esta primavera
Como en edicións anteriores, nesta quinta tempada, o Coñece a túa provincia desenvolverase en dúas quendas. A primeira desenvolverase durante a primavera, desde esta primeira semana do mes de abril e ata o 27 de xuño, e contará con preto de 2.000 viaxeiros de 85 asociacións. A segunda, arrancará en setembro e organizará rutas pola provincia ata o mes de outubro.
A iniciativa mantén este ano os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia e inclúe 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida, reforzando o carácter inclusivo da iniciativa. As excursións concedidas cubrirán todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa, incluíndo transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



