Os burelistas comezaron mal, víronse dous goles por debaixo aos catro minutos, pero conseguiron remontar o marcador no segundo tempo
Burela, 26 de abril, 2025. Un tanto a 4 segundos da conclusión de Nando Torres evitou que o Burela FS levase o triunfo ante o Wanapix Sala 10 Zaragoza (3-3) despois de completar unha gran remontada no segundo tempo. Cos resultados desta vixésimo sétima xornada na Primeira División masculina, os mariñaos quedan 2 puntos por encima da penúltima praza, que ocupa agora o Noia Portus Apostoli.
Os zaragozanos demostraron na posta de longo do encontro que non se van a deixar a ir a pesar de estar xa descendidos matematicamente. Saíron máis enchufados que os burelistas e lograron dous tantos no primeiros catro minutos de xogo. Nos primeiros segundos, Adrián Rivera batía a Kaluza cun disparo cruzado e no minuto 4 era Brasesco o que se plantaba ante Kaluza e definía con moita calidade.
O cadro local non estaba no partido e David Rial respondía cun tempo morto para tentar cortar a sangría. Tardaron en recompoñerse os laranxas, que tiveron a súa primeira ocasión nos pés de Isma. O fonsagradino remataba fóra practicamente a porta baleira, logo dunha saída na que Dani Álvarez medira mal.
A seguinte dos locais chegaba no minuto 11, cando entre Dani Álvarez e Adrián Rivera repelían unha falta directa sacada por Juninho. Posteriormente era Pitero o que remataba de cabeza ao pau tras un balón en longo de Kaluza e a tres minutos do descanso volvía meter unha man o meta zaragozano nunha boa acción individual de Juninho. As últimas ocasións antes do intervalo teríaas Rikelme, que primeiro completaba unha gran acción persoal pola á dereita e o seu disparo sacábao con moitos apuros Dani Álvarez. Despois volvía intervir o meta nun trallazo desde a distancia do brasileiro.
A segunda parte non tivo ocasións de mérito ata o minuto 27, momento no que Dani Álvarez metía ben as mans nun disparo desde o costado esquerdo de Isma. Na seguinte acción chegaba o primeiro para os locais. Isma realizaba un envío longo e Pitero remataba con mestría á media volta de primeiras para bater a Dani Álvarez cun tiro cruzado.
O primeiro tanto espoleou aos laranxas, que logo tiñan unha dobre ocasión en senllos disparos desde a distancia de Quelle. Despois era Alberto o que remataba rozando o pau nunha xogada de estratexia e o Burela continuaba incrementando a súa presión sobre o marco aragonés.
Os laranxas obtiñan o premio ao seu esforzo e traballo con Bernardo Araya xogando como porteiro-xogador. O chileno entraba coa camiseta negra a 4:25 da conclusión e na primeira acción chegaba o empate nun pase do propio Araya que remataba á súa propia portería o zaragozano Carlos García. A pouco máis de dous minutos do bocinazo final tíñaa Rikelme, pero non era capaz de rematar a gol só no segundo pau.
O Burela FS completaba a remontada nunha gran acción de cinco que finalizaba Charly tras un gran pase de Rikelme. Ao 3-2 respondía Jorge Palos sacando a Raúl López como porteiro-xogador nos últimos 2:22 minutos. Kaluza evitaba o empate cun espectacular pé no último minuto e finalmente era Nando Torres o que igualaba, só no segundo pau, nunha boa acción de cinco dos maños. Restaban pouco máis de catro minutos para o final e xa non habería tempo para nada máis.
Ficha Técnica Burela FS 3-3 Wanapix Sala 10 Zaragoza
Burela FS (3): Kaluza; Isma, Alberto, Charly, Rikelme -quinteto inicial-, Araya, Pitero, Juninho, Marc Campàs e Quelle.
Wanapix Sala 10 Zaragoza (3): Dani Álvarez; Richi Felipe, Tomás Pescio, Brasesco, Adrián Rivera -quinteto inicial-, Nando Torres, Nacho Gómez, Raúl López, Adri Ortego, Óscar Villanueva, Carlos García e Alberto Inés.
Goles: 0-1, min. 1: Adrián Rivera. 0-2, min. 4: Brasesco. 1-2, min. 28: Pitero. 2-2, min. 36: Carlos García. 3-2, min. 38: Charly. 3-3, min. 40: Nando Torres.
Árbitros: Cristian Cubero (Madrid) e Sergio Salomé (Extremadura). Amoestaron aos locais Araya, Rikelme e Alberto, así como aos visitantes Óscar Villanueva, Brasesco, Alberto Inés, Richi Felipe, Adrián Rivera e Carlos García.
Incidencias: Encontro da vixésimo sétima xornada da Primeira División masculina disputado no pavillón de Vista Alegre diante duns 800 espectadores.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.


