Viveiro, 5 de maio de 2025. A Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Rasca e Gaña con 45.000 premios.
Esta é a segunda edición da campaña que se puxo en marcha por primeira vez en novembro, e que debido ó bó resultado e acollida entre os clientes agora vólvese a realizar, pero nesta ocasión con mais negocios participantes, sendo un total de 56 e aumentando tamén os premios, que pasan de 20.000 na edición anterior a ser agora mesmo 45.000.
Este tipo de tarxetas con premios son un incentivo promocional moi exitoso, e cumpren un dobre obxetivo, por un lado fomentar as ventas no comercio local e por outro premiar a fidelidade dos clientes.
Serán un total de 56 negocios participantes de tódolos sectores, polo que os premios serán moi variados. Participan:
FYM Moda, Dr.Zapato, Kody, Sanjurjo Moda, Kalea, Misstic, Complementos Sulian, Versus, Tacones, Pasteleria Vale, Muebles Catá, Bmd, Jonathans, Cesar Cocina y Baño, Biá-Biá, Nacar, Albo Zapaterias, Albo 55 Sneakers, Calzados Albo, Carlos Fotógrafos, Mimimó, Cobelinha, Optica Rosario, Van Surf, Van Surf Sneakers, Africa Copias, Oscar Joyeros, Confecciones Justo Vazquez, Cocolatte, Platax, Sca Masajes, Peluquería Angeles Salgueiro, Latitud Doce,Fusión Cafetería, Delicias De Belkis, Cornelius Taberna, Cafetería Cantábrico, Centro estético Patricia, Iglesias Muebles, Salón Marta Timiraos, Estanco Casanova, Black & Sea Audiovisual, Paquetería Nuria, Minymas Casco y Minymas La Ria, Luasflor, Ledicias, Juguelandia, Isabel Dayán estilistas, Paquetería Mónica, Mi cama me mima, Muro Restaurante, Bar a Zapatería, La Tortilla Maravilla, La Biblioteca e Gato Pardo Culturpub.
Poderanse atopar con premios como unha porcentaxe de desconto nas vindeiras compras, descontos, en sesións de estudio de fotografía, en masaxes, en experiencias en salóns de peiteados, ou en produtos de coidado do cabelo, ou premios como pendentes, alfombras de baño, regalos sorpresa, cafés, cervexas, almorzos completos, merendas, hamburguesas, tostas, batidos, tapas, pizzas, ceas, e moito mais. Unha gran variedade de premios, que serán un total de 45.000, a desfrutar ata o 31 de maio, dia en que finaliza esta campaña.
O rascas serán entregados coas compras ou consumicións nos negocios participantes. O cliente que resulte agraciado cun premio deberá canxealo no negocio que indica o rasca. Os premios poden canxearse ou reclamarse ata o 31 de maio (data máxima) e non son acumulables entre si nin a outras promocións.
Esta campaña conta ca colaboración da Xunta de Galicia dentro das actividades de dinamización dos centros comerciais abertos.