O delegado territorial, Javier Arias, estivo en Ribadeo, onde explicou que o Goberno galego vén de conceder unha achega de 95.000 euros ao Concello para potenciar o mercado da localidade
Ribadeo, 31 de maio de 2025. Cinco mercados da provincia de Lugo acolleron hoxe a campaña Quere o teu mercado 2025, promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para animar aos consumidores a mercar nestes espazos e nas prazas de abastos galegas.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou esta mañá o mercado de Ribadeo, un dos lucenses que participa na iniciativa xunto cos de Viveiro, Vilalba, Monforte de Lemos e Chantada.
O programa conta con distintas actividades de dinamización para fomentar a participación cidadá, como showcookings, sorteos de cestas de produtos que están á venda nestes recintos, obradoiros infantís e concursos de debuxo. Tamén se distribúe material promocional como bolsas e mandís.
Arias destacou que a finalidade é contribuír a reforzar o papel dos mercados e prazas “como motores económicos locais, especialmente nas zonas rurais”, ademais de “incentivar o consumo de produtos de proximidade”.
Apuntou tamén que a Xunta conta con axudas específicas para mellorar as instalacións, equipamentos e servizos destes espazos tradicionais, así como para o desenvolvemento de campañas de dinamización comercial dirixidas a atraer nova clientela. Referiuse en concreto ás axudas para revitalizar as prazas de abastos e crear unha rede galega de Mercados Excelentes, que na convocatoria deste ano beneficiou ao concello de Ribadeo cunha achega de 95.300 euros. A resolución foi publicada nos últimos días, e os fondos van destinados a desenvolver iniciativas que potencien estes recintos comerciais.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



