Son dúas liñas de subvencións: unha destinada a financiar actividades relacionadas co lecer saudable nas Terras do Miño e nos Ancares Lucenses; e outra nova convocatoria para apoiar accións que promovan a posta en valor do patrimonio destes territorios
Lugo, 5 de maio de 2025. A Deputación de Lugo vén de abrir este luns o prazo para solicitar as subvencións incluídas nas dúas liñas de axudas destinadas ás entidades asociativas que teñen o seu ámbito de actuación no territorio das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. A institución provincial destina un total de 340.000€ a ambas convocatorias que poderán solicitarse ata o 23 de maio.
Por unha banda, os colectivos beneficiarios poderán recibir unha cantidade de entre 1.000 e 7.000€ para desenvolver actividades relacionadas co lecer saudable, a educación ambiental e que se realicen nestes territorios. Este ano a institución provincial reforzou economicamente esta liña de axudas nun 72%, destinando un total de 190.000€ (120.000€ para proxectos na Reserva da Biosfera Terras do Miño e 70.000€ para actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses).
Por outra banda, a Deputación de Lugo abriu tamén o prazo para solicitar as novas axudas que vén de poñer en marcha este ano e que complementan ás anteriores. Trátase dunha convocatoria dirixida a subvencionar investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico nestes territorios.
Ao igual que as anteriores poden solicitalas as entidades e os colectivos sen ánimo de lucro que traballan nas Reservas xestionadas pola institución provincial. Os solicitantes recibirán unha contía de entre 2.000€ a 12.000€ para financiar proxectos como: a reposición de sendas e camiños, iniciativas que promovan a información e a divulgación do patrimonio das Reservas (páxinas webs ou aplicacións), ou propostas para levar a cabo a reposición de sendas e camiños, entre outros.
Para esta nova convocatoria a Deputación de Lugo destina un total de 150.000€, 100.000€ para investimentos que se enmarquen na Reserva da Biosfera Terras do Miño e os 50.000€ restantes van destinados a proxectos que teñan que ver coa Reserva dos Ancares.
O prazo para solicitar algunha destas convocatorias é de 15 días hábiles, é dicir, está aberto ata o vindeiro 23 de maio (incluído). As entidades interesadas deberán formalizar as súas solicitudes vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación, ou mediante outro rexistro electrónico aos que se refire o artigo 16.4 da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As bases das convocatorias poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicado este venres, 2 de maio, e na páxina web da institución provincial https://www.deputacionlugo.gal/gl/temas/medioambiente/home.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



