Burela, 29 de maio, 2025. Ante a nota de prensa do PSOE onde literalmente afirma que “Lara Méndez mantivo un encontro coa xunta de persoal do hospital, á que anunciou esta “ofensiva parlamentaria” que preparan ls socialistas galegos para exixir ao Gobeerno autonómico que teña en conta a “situación de asfixia” á que ao seu xuizo ten sumido ao hospital, cunha poboación de referencia de “70.000 habitantes que se multiplican nas datas de verán”, dende o máximo órgano oficial de representación das traballadoras e traballadores vense na obriga de facer diversas aclaracións e desmentidos.
A Xunta de Persoal é un órgano de representación dos traballadores dentro dunha empresa ou institución, especialmente no ámbito público”, lembran.
Explican que “nunca tivo ningún problema para reunirse con calquera partido político pero por suposto previa “petición formal” á Presidencia da Xunta para que todas as OOSS teñan coñecemento para a súa aprobación e posterior reunión se procede”, engaden.
“En ningún momento tivo lugar unha xuntanza oficial coa Xunta de Persoal, nin tampouco unha solicitude da mesma por parte do PSOE”, aclaran dende a Xunta de Persoal.
“Lamentamos ter que enterarnos polos medios de comunicación dunha reunión que nunca tivo lugar, e afirman que non todo vale, e menos nun tema tan sensible como é a alarmante situación da sanidade pública na comarca”, explican.
Por todo o anterior “desmentir de forma contundente que a Xunta de Persoal mantivera unha reunión co PSOE”, conclúen.