Os deputados provinciais mantiveron un encontro co alcalde Mondoñedo e os veciños de Santa María Maior que, dende fai case dous anos e medio, sofren inundacións nas súas propiedades cada vez que se rexistran precipitacións intensas
Mondoñedo, 19 de maio de 2025. Antonio Ameijide considera que a proposta de Tomé para o cobro ao propietario da vivenda inundada en Santa María Maior polo desbordamento de auga debido á rotura da canalización da drenaxe da LU-P-3103 de taxas de 361€ polos servizos prestados polo Consorcio Provincial de Bombeiros en xaneiro do 2023 “é a gota que colma o vaso. É insultante que o goberno provincial de PSOE e BNG pretenda cobrarlle a un veciño os servizos dos bombeiros por actuar na inundación da súa vivenda provocada pola rotura dunha infraestrutura de titularidade da Deputación. O que deberían facer é dar solución ao problema acometendo de forma urxente as obras necesarias para evitar situación similares, non cobrar”.
O portavoz e deputados do PP na Deputación e o alcalde de Mondoñedo, Manolo Otero, reuníronse unha vez máis cos veciños de Santa María Maior para analizar a situación de “desatención” por parte do goberno provincial de PSOE e BNG. “Mantivemos unha xuntanza cos veciños afectados para ofrecer asesoramento e axudarlles a buscar solucións para intentar evitar a inxustiza de ter que pagar o servizo dos bombeiros comarcais da Deputación polos problemas ocasionados pola mala canalización de augas pluviais nunha estrada provincial”, explicou.
Tanto o Concello a través de diferentes escritos, como o Grupo Provincial Popular -nos plenos de outubro do 2023 e en xaneiro do 2025- e os propios veciños a través dunha recollida de sinaturas lle teñen solicitado formalmente atender as demandas para o arranxo da canalización da drenaxe con tubaxes de suficiente capacidade para evitar novos rebentóns como o que o 1 de xaneiro de 2023 espertaba aos veciños coas súas vivendas, hortas e propiedades inundadas; ademais da propia vía LU-P-3103. Unha situación que se ten repetido en máis ocasións dende entón supoñendo inconvenientes para os veciños e veciñas e riscos para os usuarios desta vía de titularidade provincial.
A canalización e a drenaxe da marxe dereita da estrada provincial LU-P-3103 no lugar da Braña continúan totalmente desfeitas “case dous anos e medio despois do primeiro episodio de rebentóns e inundacións” que se repiten cada vez que se rexistran intensas precipitacións na zona. Os rebentóns débense “moi probablemente ao mal deseño, obstrución e falta de mantemento”, considera o portavoz popular.
Os populares esíxenlle a Tomé e o seu goberno adoptar medidas de forma urxente para garantir a seguridade de persoas, inmobles e vehículos acometendo as obras necesarias, previa realización dos estudos técnicos, para canalizar a auga de escorrentía nesta vía provincial mediante canalizacións de drenaxe lonxitudinal e transversal. Así mesmo, cren necesario levar a cabo un mantemento axeitado das cunetas e reparar os danos causados ao firme da estrada provincial.
Os deputados popular xa teñen advertido en varias ocasións que “tamén hai varandas rotas e que o firme está desfeito noutro treito de aproximadamente 1 km desta vía que quedou sen arranxar cando se mellorou o resto da estrada”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



