Ribadeo, 27 de maio de 2025. Desde hoxe e ata o 13 de xuño a exposición Castelao e os irmáns da liberdade pasará polos centros de ensino de Ribadeo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “hoxe e mañá a mostra estará no CIFP Porta da Auga, os días 29 e 30 de maio pasará polo IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, xa en xuño os días 2 e 3 estará no Colexio Sagrado Corazón, o 4 e 5 no Ceip Gregorio Sanz e do 6 ao 13 estará instalada na Oficina de Turismo”.
A edil ribadense sinala que “a exposición está composta por 14 paneis de 85 x 200 cms, que desenvolven cronoloxicamente a vida e a actuación política e artística de Castelao. As fotografías son de José Luis Abalo”.
Esta obra multimedia de Xan Leira tamén inclúe proxeccións de documentais e coloquios. “O 15 de xuño ás 20 horas no Salón dos Alcaldes terá lugar a proxección de Consello de Galiza, goberno galego no exilio, á que seguirá un coloquio con Xan Leira, director do filme, Francisc López “Chesqui”, secretario xeral do PG, e Dani Vega, alcalde de Ribadeo. E o 22 de xuño ás 20 horas tamén no Salón dos Alcaldes será proxectado Castelao e os irmáns da liberdade e haberá coloquio con Xan Leira, director do filme”.
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 30 de xaneiro de 1886 – Buenos Aires, 7 de xaneiro de 1950), é o paradigma dos homes e das mulleres da terra galega comprometidos coa súa transformación progresista. Igual que Mahatma Gandhi na India e Nelson Mandela en Sudáfrica, Daniel Castelao sintetiza e expresa, en si mesmo, o sentimento e a vontade maioritaria dun pobo disposto a trocar para sempre unha realidade social, cultural e económica secularmente adversa.
Primeiro coa arte, logo coa palabra e a acción política, Castelao convértese dende o propio comezo da IIª República ata a súa morte no líder indiscutible dun pobo campesiño e mariñeiro que na adversidade, dentro e fóra de terra, non deixa de loitar por unha Galicia dona de seu.
A conmemoración do 75 cabodano de Castelao no contexto do Ano Castelao – 2025 é unha oportunidade para homenaxear o ideario fondamente humanista, transformador e sempre actual de Castelao, protagonista desa xeración histórica que, a través da produción artística e cultural, a defensa da nosa lingua e a actuación política posterior, se percatou do seu imperioso deber social de crearen para sempre a cultura galega.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



