A moi rápida (pouco máis de 24 horas) elección de Robert Prevost como novo Papa, este 8-M, amosou o ben que funcionou a maioría cardinalicia xurdida dos nomeamentos do finado do Papa Bergoglio (fálase máis dun cento dos cardeais, máis ou menos ¾, fronte aos 2/3 requiridos para a elección polo Dereito Canónico) e fai moi evidente o rechamante fracaso da extrema dereita eclesiástica (coa que se aliñou no estado español o xornal web Infovaticana, que teimudamente tentara desprestixiar ao cardeal Prevost e a outros posíbeis candidatos adscritos ás sensibilidades máis bergoglianas).
Mais na propia e amplísima maioría bergogliana da investidura papal abrollan varias sensibilidades. Non faltou quen salientaba o fenómeno bergogliano como primavera que non dera paso ao verán (como afirmou o eminente teólogo galego Victorino Pérez Prieto) ou quen suliñara diversas propostas de ampla remuda que despois non se acadaron na praxe bergogliana.
Os poucos días do mandato de Robert Prevost amosaron un xeito de comunicar máis formal e menos latino, mais tamén unha nomeada preocupación por dous dos puntos cardinais do maxisterio bergogliano: a paz e o ambientalismo.
Na fronte da paz o norteamericano-peruano afirmou este domingo 11-M a necesidade de parar o xenocidio en Gaza e garantir a salvación da poboación a medio da chegada da axuda humanitaria que impiden Israel e os USA, lembrando tamén a urxencia da liberación por Hamas de todas as persoas israelís collidas o 7-Ou de 2023 como reféns. E tamén amosou a súa grande discrepancia coa agresión rusa da Ucrania e mesmo coas propostas parciais de tregua da Administración Trump.
No que atinxe ao ambientalismo as persoas máis coñecedoras do novo Pontífice afirman a súa conexión coa sensibilidade ecoloxista do papa Bergoglio e coa necesidade dunha acción global e urxente fronte aos perigos do cambio climático.
Máis descoñecida é a proposta do novo Papa fronte á integración das persoas divorciadas e dos colectivos LGTBI da comuñón eclesial e da apertura á participación das mulleres na gobernanza da Igrexa e, en último de contas, nas ordes diaconal e presbiteral.
Estes días non faltaron opinións que reflectían, con razón, a anomalía dunha Institución de milleiros de millóns de crentes gobernada por un único soberano vitalicio escollido, pola súa banda, polos mesmos cardeais de menos de 80 anos que el propio ou o(s) seu(s) antecesor(es) escolleron. Por moito que a Igrexa Católica sexa unha Institución con máis de 2000 anos de historia os signos dos tempos (vector da pastoral e da doutrina católicas segundo as conclusións do Concilio Vaticano II-1962/65-) o proceso de remuda doutrinal e organizativa non pode parar, de non ser enfrontando riscos inmediatos de cisma ou afastamento a respecto da maioría de crentes. Interpretacións doutrinais ou pastorais e cosmovisións como as dos cardeais Rouco Varela ou Cañizares non poden volver estar no foco da Igrexa se ésta non quere certificar o seu definitivo divorcio co mundo.
Quer sendo crentes, quer sendo agnósticos (ou mesmo tendo días) o que millóns reclaman da Igrexa é que estea nas fronteiras e nas periferias, como predicou Bergoglio : ao carón das persoas pobres e excluídas, coa dignidade e os dereitos humanos e liberdades, coa xustiza social e coa compatibilidade entre produción económica e ecoloxía. E isto será moi difícil se a Institución teima nunha organización monarco-oligárquica excluíndo monxas, mulleres en xeral e leigos. A sinodalidade integradora, é dicir, a democratización real da Igrexa, é o único camiño.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



