Critica que non poidan acceder a subvencións, crear comunidades enerxéticas ou vender colectivamente os produtos derivados do monte
Santiago de Compostela, 30 de maio, 2025. A deputada do BNG e responsable de Montes, Montserrat Valcárcel, reclamou este venres na Comisión 7ª o recoñecemento legal da titularidade comunitaria dos 3.326 montes veciñais en man común que hai en Galiza como unha categoría xurídica propia, distinta e equiparable ás titularidades públicas e privadas para que poidan acceder a subvencións, crear comunidades enerxéticas ou vender colectivamente os produtos derivados do monte.
Valcárcel puxo en valor a historia, singularidade e función social e ecolóxica deste modelo de xestión, que implica, segundo os últimos datos do anuario de estatística forestal recollidos en 2019, a preto de medio millón de galegos e ocupa máis de 660.000 hectáreas, o que supón un terzo da superficie forestal privada de Galiza. “Trátase dunha forma de propiedade colectiva única, inalienable, imprescritible, indivisible e inembargable, que forma parte da nosa identidade territorial e que leva séculos garantido a sustentabilidade ambiental, a biodiversidade e a vida no rural”, salientou a deputada nacionalista.
Denunciou que lexislación estatal continúa descoñecendo esta realidade xurídica propia do País, ao aplicar criterios do dereito romano que non se axustan á natureza xermánica da lexislación destas propiedades, o que provoca situacións de inxustiza e múltiples limitacións legais e fiscais ás comunidades de montes.
Entre os problemas actuais que sinalou Valcárcel están a dificultade para acceder a subvencións, a imposibilidade de crear comunidades enerxéticas locais, ou as restricións para vender colectivamente os produtos do monte. “Resulta inaceptable que un modelo que demostrou sobradamente a súa eficacia social, económica e ambiental estea sendo penalizado pola falta de adecuación legal”, criticou.
A responsable de Montes do BNG argumentou que o abandono dos usos tradicionais leva á simplificación e homoxeneización da paisaxe rural, asociado á diminución da biodiversidade e o aumento do risco de incendios e por iso recalcou que a xestión comunitaria dos montes debe preservarse para garantir a saúde das terras.
A iniciativa presentada polo BNG reclamaba que se recoñeza expresamente a titularidade comunitaria como unha máis dentro da lexislación estatal, diferenciada das públicas e privadas e que se inclúan as comunidades de montes como beneficiarias plenas nas axudas e subvencións destinadas á posta en valor dos montes e á mellora da calidade de vida da veciñanza comuneira. O PP votou en contra.
“Defender os montes veciñais en man común é defender un modelo propio de ordenación do territorio, de economía local, de cultura e de biodiversidade”, concluíu.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



