O Auditorio da Casa da Cultura de Burela acolle este mes dúas citas teatrais, ‘Tres Vellas na Romaría’ e ‘Os Contos do Lobicán’
Burela, 2 de maio de 2025. O Concello de Burela programa este mes de maio dúas funcións teatrais no Auditorio da Casa da Cultura, dirixidas a diferentes públicos, dentro da súa aposta pola dinamización cultural e o apoio ás artes escénicas.
O venres 9 de maio, ás 21:00 horas, representarase ‘Tres Vellas na Romaría’, unha produción da compañía Excéntricas Producións. O espectáculo está protagonizado por tres recoñecidos nomes da escena galega: Celso Fernández Sanmartín, José Luis Gutiérrez “Guti” e Quico Cadaval. A través da narración oral, os intérpretes mergúllanse na tradición das festas populares galegas, evocando as romarías, as crenzas, os bailes e os encontros sociais da cultura popular.
A obra forma parte da evolución dun proxecto anterior, ‘Tres Vellas (polo menos)’, que percorreu diferentes escenarios de Galicia, Portugal, Castela e León e Cataluña. Nesta nova proposta, os narradores recuperan episodios da memoria colectiva ligados ás festas tradicionais e á vida das xeracións anteriores. O prezo da entrada será de 5 euros, e poderán adquirirse desde media hora antes da función.
O sábado 17 de maio, ás 18:00 horas, terá lugar a función infantil e familiar ‘Os Contos do Lobicán’, a cargo da compañía Redrum Teatro. Trátase dunha obra de monicreques destinada a público de entre 3 e 8 anos, con texto de Eva Mejuto, que foi galardoada co Premio Barriga Verde 2022 e co Premio María Casares ao Mellor Espectáculo de Monicreques.
A montaxe está inspirada nos contos tradicionais e ten como obxectivo fomentar valores como a amizade, a cooperación, o pensamento crítico e o respecto pola natureza. A historia está protagonizada por Lobicán, un animaliño que percorre o bosque e establece unha amizade cunha nena chamada Xiana, nun percorrido que lles permite superar obstáculos e coñecer outras realidades. As entradas estarán á venda desde as 17:30 horas do propio día, cun prezo de 3 euros.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.