Con esta iniciativa, aberta para todas as persoas nadas en 2018 ou en anos anteriores, búscase incentivar á práctica deportiva á vez que poñer en valor uno dos enclaves naturais do municipio. A actividade desenvolverase en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas, e conta cun número limitado de prazas. Por iso, será necesario realizar unha inscrición gratuíta a través dun formulario dispoñible nas redes sociais do Concello. O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 2 de xuño ás 14:00 horas. As prazas iranse adxudicando por orde de inscrición.
