Mondoñedo, 6 de Maio, 2025. O Concello de Mondoñedo ultima os preparativos para a O Correlingua 2025 que tera lugar o 20 de Maio. O municipio será o epicentro dunha xornada chea de actividades donde os mais novos serán os protagonistas. Hoxe na casa Consitorial presentouse o cartaz da veciña do Valadouro Silvia Pisón. Paul,a encargada do Correlingua, presentou xunto co alcalde e a tenente de alcalde o cartaz e o manifesto que se leerá o día 20 deste mes
A xornada desenrolarase o longo de toda a mañá, onde participaran ó redor de 100 0rapaces máis os profesores da contorna. Esterá conducida por Fran Rei e contara con actividades para os máis pequenos na praza da Catedral da man de Paco Nogueiras. Os maiores ó rematar o percorrido da carreira poderán desfrutar coa Mecánica Rolling Band.
O rexedor, Manuel Angel Otero, saliente a importancia da lingua galega, “transmisora de xeración a xeración que debe ser a protagonista desta e de todas as festas e valora a gran acollida desta edicción na Mariña”.
Na edición deste ano, no que o día das Letras Galegas está adicado as cantareiras, o alumnado será protagonista coas súas voces e pandeiretas, nunha foliada que percorrerá as rúas de Mondoñedo. O manifesto reivindicativo será lido por alumnado dos IES Perdouro e San Rosendo, que participaron nun obradoiro literario para a súa creación.
O Correlingua realiza diversas actividades que se desenvolven durante o curso escolar:
Obradoiro de escrita ‘Desata a lingua’, do que sae o manifesto que se le en todas as festas
Regueifando!: creación de coplas nas aulas que remata nunha regueifa colectiva
Cantalingua: promóvese un concurso onde o alumnado ten a posibilidade de escoller o grupo ou solista que prefire para actuar nas festas finais do Correlingua. O fin que pretendemos co Cantalingua é darlle a posibilidade de darse a coñecer a aqueles grupos que optan por usar a nosa lingua para as versar as súas cancións. Os tres grupos gañadores serán os que actúen nas Festas Finais. O xurado está formado por alumnado da ESO e pola organización do Correlingua.
Crealingua: concurso libre de creación artística en galego
Manifesto Correlingua 2025
A mocidade activa por unha lingua viva!
A mocidade galega sae á rúa hoxe para demostrar á cidadanía que temos a forza e a determinación para defender o futuro da lingua. Porque somos unha mocidade comprometida. E nas nosas mans está manter o galego vivo. Por iso queremos deixar claro que o galego resistirá grazas a…
Unha mocidade activa por unha lingua viva!
Sabemos que o galego é un tesouro que nos legaron aquelas persoas que, antes que nós, saíron á rúa coa lingua por bandeira. Aquelas persoas que conseguiron que o galego chegase aos xornais, ás radios e televisións, á escola e ás administracións. Grazas a esa xente podemos hoxe estudar na nosa lingua e falala en calquera circunstancia. Polas xeracións que non a deixaron morrer, nós tamén seremos…
Unha mocidade activa por unha lingua viva!
A nosa lingua é grande. Nela créase cultura que nos fai sentir orgullo da nosa lingua e de quen a fala: cine, música e libros que levan recoñecementos máis alá das nosas fronteiras. Porque non hai nada que non poidamos expresar nela, e porque sabemos que en galego podemos crear un mundo, dicimos ben claro que aquí está…
Unha mocidade activa por unha lingua viva!
Porque podemos vivir en galego, porque coñecer unha lingua sempre nos fai mellores, porque o galego acolle a quen se achega a el e porque queremos poder ser na lingua que herdamos… por todo iso reafirmamos que o futuro é…
Unha mocidade activa, por unha lingua viva!
Nós podemos facelo! Confiade na xente nova! Habemos levar a lingua con nós e falala con fachenda, porque sabemos que sería absurdo perder a oportunidade que nos brinda o galego de chegar máis alá! Por iso, o galego permanece sementado en nós. Non teñades medos nin reparos en falalo, porque o galego falado é o galego vivo e nós queremos…
A mocidade activa por unha lingua viva!






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



