Ribadeo, 9 de maio de 2025. O X Ribadeo Indiano, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo, estará dedicado á figura do filántropo Ramón González. Concello e Acisa presentaron o cartel desta nova edición do evento.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “os días 11, 12 e 13 de xullo vamos celebrar o Ribadeo Indiano. Dez anos de historia, de poñer en valor toda unha cultura arquitectónica, social, unha reivindicación de cómo somos. Eses dez anos de historia queremos dedicarllos á filantropía, queremos dedicarllos a un dos indianos máis coñecidos e recoñecidos en Ribadeo, que é Ramón González”.
O rexedor contou que “naceu en Ribadeo, estudou Náutica e Comercio e despois marchou para a Arxentina, onde traballou como empregado e tamén foi quen de participar en moitas sociedades e crea a súa propia empresa. Con todo o esforzo fai unha grande fortuna.
Despois de case tres décadas na Arxentina retornou a Ribadeo, onde desenvolveu unha importante labor filantrópica e de entrega. Foi membro da Sociedade de Socorros Mutuos e Instrución La Concordia, que presidiu no ano 1910. Tamén pertenceu ao Ateneo de Ribadeo, subvencionando as clases e comprando instrumentos para o alumnado. Tamén achegou cartos para o financiamento do Teatro, colaborou nas festas patronais e doou unha importante cantidade de diñeiro para a construción da praza de abastos da vila. No ano 1922 foi nomeado fillo predilecto e Ribadeo rendeulle unha grande homenaxe en colaboración co Ateneo y A Concordia”.
Vega indicou: “e nosoutros o que queremos é dedicarlle no 2025 dedicarlle o Ribadeo Indiano a este filántropo. A filantropía segue e moitas persoas seguen colaborando co Concello para que esta celebración e reivindicación histórica siga celebrándose”.
A alcalde engadiu: “e outra cousa queremos anunciar, o día 13 de xullo teremos en Ribadeo á mellor orquestra latinoamericana: Los Van Van. Dentro das moitas actividades hoxe queremos destacar a ata, a persoa á que se homenaxea e ese domingo grande, ese domingo 13 de xullo, haberá un gran concerto con Los Van Van”.
E tivo palabras de agradecemento “para Acisa por todo o traballo que está a realizar, coorganiza este evento co Concello, tamén á Xunta de Galicia xa que é a administración que máis aporta para esta celebración e tamén á Deputación, que colabora a través de Acisa, e a todas aquelas persoas que están facendo posible que o Ribadeo Indiano siga ano tras ano, mellorando e entre todos que Ribadeo avance”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “ao longo de dez anos varias foron as temáticas e os países aos que se dedicou o Ribadeo Indiano. Centralo neste 2025 na figura de Ramón González pareceunos moi acaído, porque se cumpren os 100 anos da súa morte. Ademais de todo o que fixo por Ribadeo tamén promoveu a apertura de varias sucursais do Banco Español de Río de la Plata en Vigo e en Santiago. E a súa pegada tamén está presente no Porriño, de onde era natural a súa dona, Corona González. Alí financiou o templo parroquial, o estadio municipal ou a casa consistorial”.
Cruzado Iglesias dixo: “estamos xa na conta atrás para a celebración do décimo aniversario do Ribadeo Indiano, para que as rúas se inunden de historia, de branco e de xente disposta a render homenaxe a todas aquelas persoas que un día marcharon na busca dun futuro mellor como fixo Ramón González. A algúns foilles moi ben, a outros non tanto, pero todos os que puideron facelo axudaron ao seu pobo a medrar e contribuíron a facer de Ribadeo unha vila importante”.
E engadiu: “a organización do Ribadeo Indiano (Concello e Acisa) está a ultimar o programa deste 2025, que será presentado ao longo das vindeiras semanas. Desde Acisa agradecemos á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e á Xunta a súa colaboración e ao Concello o traballo conxunto para que o Ribadeo Indiano siga a ser a grande cita do verán na provincia de Lugo e unha das máis importantes de Galicia”.
Na presentación do cartel do Ribadeo Indiano 2025 participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e Trinidad Otero, directiva da asociación.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



