Ribadeo, 12 de maio, 2025. Este xoves 15 de maio, ás 20,30h. a A.C. Francisco Lanza organiza a actuación das Erikas e Peluxías ao longo das rúas ribadenses, ao pe de varios dos balcóns que dan acubillo ás “Palabras na varanda”.
Nesta ocasión, e ao mesmo tempo que se celebra o Día das Letras Galegas dedicado ás cantareiras, vanse engalanar os balcóns con múltiples referencias ás mulleres que durante anos mantiveron viva a nosa tradición musical e as cantigas que lle daban contido.
O percorrido comezará na rúa San Francisco, fronte á igrexa, e despois os asistentes desprazaranse até a Praza de Abaixo para, a continuación, achegarse á rúa Antonio Otero, á altura da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, rematando na rúa Rodríguez Murias, cabo do mural dedicado a Rosalía de Castro.
“Serán catro paradas acompañadas de música, de breves referencias literarias, e da calor coa que sempre animan os homes e mulleres amantes da cultura e da vida cívica das nosas rúas. Cando Francisco Lanza facía falar ás xentes de Ribadeo, cando os socios e socias fundadoras da Agrupación Cultural Francisco Lanza animaban á lectura a través da celebración da Feira do Libro en Galego, cando todos e todas nós participamos nos actos culturais que van balizando a nosa vida en comunidade, entoamos a coro a mellor e máis melodiosa das cancións: encher de vida as nosas letras galegas. Mil primaveras máis para a nosa lingua!”.



















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



