Foz, 12 de maio de 2025. Acia Foz-CCA sorteou hoxe 5 premios de 100 euros cada un en vales de compra na campaña do día da nai.
O sorteo tivo lugar en Radio Foz esta mañá. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa asistencia da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade.
Os números afortunados foron: 3.748 (papeleta entregada en Seguros Allianz); 21.842 (en Infotec); 4.587 (en Centro Dietético Alba Vila); 20.005 (papeleta entregada en Carnicería Salai Campo); e 12.538 (en Cenor Belianorte).
As persoas agraciadas poden contactar co teléfono da asociación 982 132 751.
Desde Acia-Foz CCA agradecen a colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz na campaña do día nai, que se desenvolveu entre o 25 de abril e o 8 de maio. “Agradecemos a fidelidade ao comercio local para facer as compras durante todo o ano e tamén en datas tan sinaladas como a que se acaba de celebrar”, sinalan desde Acia Foz-CCA.