Despois do éxito desta vixésima edición, comeza xa a conta atrás para a próxima edición da Feira Expomar, que terá lugar en Burela en maio de 2027
Burela, 10 de maio, 2025. A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, e o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, clausuraron o sábado 10 de maio pola tarde a XX Feira Expomar en Burela, que adiantou o seu horario como xesto de apoio ao Burela FS, cuxo equipo masculino xogaba ás 19:30 unha partido clave para lograr a súa permanencia en Primeira División.
O titular de pesca de Xunta de Galicia volveu poñer en valor unha vez máis a importancia deste evento non só para Burela e para Galicia, senón para axudar á promoción do consumo de peixe, do que Galicia, aínda que está por encima da media en comparación con outras comunidades, atópase lonxe do consumo semanal recomendado de 4 racións de peixe. Villares volveu pedir que o goberno central reduza o IVE nos produtos pesqueiro ao 4%, motivo polo que desde a Xunta de Galicia se anunciou o ‘Bono Peixe’ de 50 euros para fomentar o consumo en Galicia.
Pola súa banda, a alcaldesa de Burela puxo o peche a esta edición de Expomar destacando o éxito tanto das relacións profesionais que se levaron a cabo nesta semana como a gran acollida das novidades introducidas nesta vixésima edición da feira. Así mesmo, desde a Fundación Expomar xa se tomou nota de novas suxestións de mellora para poñer en práctica na próxima Expomar 2027, para a que a súa presidenta xa convocou a todos os asistentes.
Unhas horas antes, pola mañá a zona de exposicións da feira encheuse de público para presenciar un espectacular ronqueo dun peixe espada de 130 quilos de peso. O evento estivo patrocinado por INTERFISH-España, única interprofesional pesqueira que existe en España na que participan empresas da comercialización, a industria e a produción pesqueira para a representación e defensa das especies do palangre de superficie como a tintorera, o marraxo ou o peixe espada.
Dous expertos da empresa Matrice Tuna, levaron a cabo o ronqueo, explicando paso a paso a arte do despezamento cunha técnica que combina a destreza, o respecto polo produto e o compromiso coa sustentabilidade. A continuación, a OPP Porto de Burela, que é unha das entidades que forman Interfish, ofreceu unha degustación gratuíta de receitas de peixe espada elaboradas por dous chefs da Asociación Cociñeiros Lugo.
Pola tarde, tivo lugar o acto de presentación da “Rede de Turismo Pesqueiro de España”, da que a Fundación Expomar é unha dos seus principais promotoras. Dirixiu o evento Manuela Pomares, en representación do Consorcio de Turismo de Huelva, outra das entidades pioneiras desta iniciativa, e Ramiro Fernández, concelleiro de Mar de Burela e en representación da Fundación Expomar, explicaron en que consiste este proxecto.
Despois do saúda da subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, deuse paso a un coloquio no que participaron Sauro Martínez, de Pesca Turismo Sanxenxo, María Jesús González, presidenta da Asociación de Redeiras A Guarda, e Basilio Otero, como presidente da Federación Nacional de Confrarías.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


