A entrada de produto tailandés sen aranceis podería alcanzar as 24.000 toneladas en dous anos o que provocaría a caída de prezos, a redución do investimento, a deslocalización da produción e a perda de cohesión territorial e soberanía industrial
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, compareceu este martes no Parlamento de Galicia onde deu conta da posición do Goberno galego ante as negociacións entre a Unión Europea e Tailandia para alcanzar un Acordo de Libre Comercio. Na súa intervención reclamou unidade ao conxunto de forzas parlamentarias presentes na Cámara galega na oposición á inclusión das conservas de atún neste acordo comercial polas consecuencias que tería para a industria galega, principal produtora a nivel europeo. Unha postura que foi trasladada ao comisario de Pesca, Costas Kadis, en diferentes encontros, o último o pasado 29 de abril, nos que se demandou a aplicación dos principios do level playing field no mercado pesqueiro europeo.
O titular de Mar destacou que o país asiático é o principal produtor a nivel mundial representando o 30% do comercio mundial de conservas de atún e que se traducen en 10.000 toneladas anuais que chegan ao mercado comunitario cun arancel do 24%. Tamén recordou que na actualidade Tailandia está no foco de investigacións de organismos internacionais nas que se pon en evidencia incumprimentos graves de convenios internacionais en materia de dereitos humanos, laborais e ambientais. Así, foron notificados casos de escravitude, tráfico de persoas, traballo infantil ou técnicas de pesca ilegais, non declarada e non regulamentada entre outras.
Pola contra, o responsable autonómico puxo en valor que a frota de cerqueiros europea é un modelo a nivel internacional de sustentabilidade polo que conta coa certificación do selo MSC e da cumprimento ás normas Aenor e Arnor, os máis altos estándares ambientais e sociais, respectivamente. Unha frota monitorizada as 24 horas, que embarca sistematicamente observadores científicos cunha cobertura do 100% e que aplica un rigoroso control e supervisión.
Nesta liña, reiterou o compromiso da Xunta de continuar defendendo o liderado da industria conserveira da comunidade representada por Anfaco-Cecopesca, que aglutina a máis de 250 empresas, das cales o 57% son galegas, cunha facturación próxima aos 14.300 millóns de euros e 26.000 empregos, máis do 70% en Galicia. Unha organización coa que colabora o Goberno galego no marco da colaboración público-privada no deseño dunha estratexia conxunta na defensa da competitividade e viabilidade do sector no territorio. Unha viabilidade que é ameazada ante a posible entrada de produto tailandés sen aranceis que podería alcanzar as 24.000 toneladas en dous anos o que provocaría a caída de prezos, a redución do investimento, a deslocalización da produción e a perda de cohesión territorial e soberanía industrial.
Asimetría regulatoria
Alfonso Villares cualificou como erro en política comercial e industrial a asimetría no ámbito regulatorio que na práctica penaliza a quen cumpre e beneficia ao que non, provocando unha competencia desleal por parte de terceiros países que ameazan a seguridade alimentaria do continente. Unha aspecto no que se está a traballar desde a Consellería do Mar no marco da revisión da Política Pesqueira Común (PPC) na que traballa Galicia en liña co Decálogo Estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da PPC.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



