O Vicedo, 6 de Maio de 2025. O grupo municipal do PSdeG-PSOE de O Vicedo presenta unha moción para o seu debate no Pleno da Corporación, na que propón a creación dun portal de emprego municipal co obxectivo de facilitar a busca de traballo e achegar novas oportunidades laborais á veciñanza.
A proposta parte da necesidade de dar resposta aos retos laborais do Vicedo, cunha atención especial á mocidade que inicia a súa traxectoria profesional e ás persoas en situación de desemprego de longa duración. Os socialistas apostan pola creación dunha bolsa de emprego pública e local, que se xestione desde o propio Concello e que permita recoller os perfís profesionais da veciñanza segundo a súa formación, experiencia e habilidades.
“Con esta ferramenta poderemos conectar de forma máis áxil e eficaz a oferta e a demanda laboral no Vicedo, favorecendo a contratación local e o fortalecemento da economía do municipio”, subliñou a súa voceira, Verónica Canoura.
A proposta contempla o acceso aberto a bolsa a todas as persoas empadroadas no municipio, cunha prioridade clara para quen se atope sen traballo. O procedemento será sinxelo, mediante a presentación dun currículo e unha carta de motivación, e as vacantes cubriranse a través de procesos transparentes e baseados en criterios obxectivos.
A moción tamén establece que o Concello promova activamente a colaboración coas empresas do municipio, de modo que poidan difundir as súas vacantes a través deste novo servizo público. Ademais, propón impulsar accións formativas adaptadas ás necesidades do mercado laboral local, a través de convenios con entidades especializadas, para mellorar a preparación e a empregabilidade das persoas inscritas.
“Esta iniciativa non só contribúe a facilitar o acceso ao emprego, senón que tamén representa unha oportunidade para fortalecer o tecido económico do Vicedo, apoiar o desenvolvemento local e combater a perda de poboación no territorio”, conclúen.



























As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



