Ribadeo, 2 de xuño, 2025. O pasado sábado, día 31 de maio celebrouse a andaina cívica convocada pola Plataforma pola Defensa das Nosas Arbores co obxectivo de informar aos veciños do proxecto da levar o Centro de Saúde á zona da estación de Servizo pechando o actual no centro da vila de Ribadeo. Asemade comprobáronse os numerosos atrancos, rotondas, falla de beirarrúas e zonas perigosas para os peóns, ademais do moi intenso trafego rodado na zona da estación de servizo, con continuas caravanas que farían moi difícil chegar e saír do centro proxectado. Malia que non se trataba exactamente dunha manifestación e non se fixo moita propaganda, acudiron preto de 60 persoas que realizaron o percorrido dende o actual centro de saúde ata o punto sinalado, tardando máis de media hora polas circunstancias anteditas e a distancia de mais de un quilómetro. Como xa se ten informado repetidamente cada día acoden ao Centro de saúde de Ribadeo unhas 650 ou 700 persoas, a gran maioría de idades avanzadas e nais con cativos, e o 75 % acoden camiñando.
A Plataforma realizará unha nova xuntanza nos próximos días, aberta a todas as persoas interesadas e anunciará as próximas accións, “pero xa quedou claro neste acto que se solicita a suspensión deste proxecto que sería un erro histórico para Ribadeo e que se dote de persoal e se manteña o centro de saúde onde está cas reformas estruturais que se consideren oportunas”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



