O club local participará por primeira vez nunha regata de Liga Galega con tripulación masculina e feminina
Viveiro, 9 de xuño de 2025. Viveiro acollerá o vindeiro sábado -14 de xuño- a III Bandeira de Traiñeiras de Veteráns CR Celeiro, unha proba da Liga Galega de Veteráns que se disputa entre os meses de maio e xuño
O CR Celeiro organiza a regata, na que agardan a participación dunha decena de tripulacións masculinas e femininas, e que se disputará a partir das 16.00 horas fronte a praia de Covas, na zona dos Castelos.
Nese marco presentouse esta tarde a proba, nun acto no que participaron Jose Manuel Prieto Sierra e Belen Perez Pérez, do CR Celeiro, o deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García e a concelleira Miriam Bermúdez que animaron a achegarse a contorna de Covas para disfrutar da competición, na que participarán tripulacións de Cabo de Cruz, Vila de Cangas, AD Esteirana, CDM Mera ou CR Muros.
O CR Celeiro sairá por primeira vez a unha regata de liga galega cunha tripulación masculina e outra feminina -en lugar dunha mixta- desde que hai cinco anos empezaron a incorporar con máis asiduidade mulleres ao club.
A regata contribúe á proxección da tradición remeira en Celeiro e a do propio club, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Nas últimas semanas, o club ampliou o seu equipamento cunha nova traiñeiriña adquirida coa colaboracion da área de Deportes.