Ribadeo, 16 de Xunio de 2025. A Plataforma explícao deste xeito: “Se nunca ouviu falar deste tema seguramente lle soará un pouco raro ou pensará que é outro de tantos bulos políticos que se escoitan todos os días. Pero nada de eso. O Concello de Ribadeo xa está facendo os trámites para adquirir os terreos, e se ninguén o para, o Centro de Saúde acabará enfronte da Estación de Servizo de Repsol. Ou sexa a un kilómetro do actual no centro do casco urbano”.
“Dende o noso ponto de vista o problema sanitario máis acuciante que existe en Ribadeo, como en toda Galicia é a falta de persoal, sobre todo de médicos e enfermeiras, e eso trae consigo as insoportabeis listas de agarda que deterioran o sistema sanitario público e levan a moita xente que pode ao sector privado. Este problema non se souciona cambiando de edificio e moito menos levándoo a un km do actual que ten máis de 40 anos pero que está en boas condicións, ten amplitude e cunha pequena reforma pode ser máis cómodo para santari@s e ususari@s”.
“Nosoutros temos comprobado que máis do 75% dos usuarios acuden camiñando o só un 24% acuden en automóbil. Tamén temos comprobado que un 73% son persoas maiores de 65 anos. Asemade tamén sabemos que en días laborables acuden ao centro entre 650 e 700 persoas. E tamén contamos os coches que pasan por diante da Estación de Servizo en distintas horas da mañá en diferentes meses do ano (sen considerar o verán, que esa é outra) e constatamos que circulan entre 14 e 17 coches por minuto, como é sabido nunha zona de curva e con deficiente visibilidade, moitas veces en longas caravanas.
“Os inconvintes deste proxecto superan ampliamente ás posibes vantaxes, e a elo hai que engadir o que supón a deslocalización dun servizo fundamental, que racha co principio de accesibilidade da Atención Primaria, que as urxencias terán que facer un longo percorrido antes de chegar ao centro, o aumento do tráfico rodado innecesario e radicalmente contrario ás políticas para mitigar o cambio clímático, e que o concepto de cidade humanizada con servizos no radio de 15 minutos non foi tido en conta polos planificadores, que so miraron os intereses urbanísticos”.
“En consecuencia un grupo de ribadenses rexeitamos este proxecto, pedimos ao Concello e á Xunta de Galicia que se mellore o actual centro e que se dote do persoal necesario, pero sobre todo queremos informar @s veciñ@s do que se está preparando, e que teñan en conta que dentro de pouco tempo van ter que ir ao médico, por análisis, recitas, consultas ou outros servizos a un km de distancia por uns percorridos cheos de atrancos, rotondas, aceras en mal estado ou ben en coche particular ou en taxi”.
“O noso grupo seguirá informando e tratando de convencer ao concello e á xunta do seu erro, pero para eso necesítse que a xente se informe e se mobilice”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



