Daniel Garcia presentou a actividade xunto a comisión organizadora da rapa, que se celebrará o 6 de xullo
Lugo, 25 de xuño de 2025. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promocionará a carne de poldro de Pura Raza Galega da rapa das bestas de Candaoso, en Boimente, no concello de Viveiro, que se celebrará o 6 de xullo.
A través do programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto, a área dirixida por Daniel García ofrecerá durante esa xornada unha degustación gratuíta de hamburguesas de poldro, poñendo en valor a cría de cabalos en liberdade nos montes de Buio e Lerín como actividade produtiva e proveedora de alimentos de calidade.
Na presentación desta colaboración, o deputado Daniel García destacou “que a rapa de Boimente é un expoñente da importancia que o cabalo ten na configuración da cultura, da paisaxe e da actividade gandeira na Mariña” e explicou que “o obxectivo destas actividades de degustación é contribuír á continuidade desa gandería en extensivo e comprometida coa conservación das razas autóctonas buscando saídas comerciais para os seus produtos”.
A rapa de Candaoso, de Interese Turístico, chega este ano ás cincuenta e cuatro edicións, dando continuidade a unha tradición que se vive arredor do curro, onde as aloitadoras e aloitadores cortan as crins e identifican os cabalos dos se cortan as crins e identifican os cabalos b aixados do monte.
Ademais, durante a tarde, celebraranse diferentes carreiras e competicións de andadura -serrada e chapeada- nas que se repartirán preto de 3.000 euros en premios nas distintas categorías.