O voceiro popular critica que tivesen que pasar máis de 48 horas para que o presidente da Deputación “saíse do escondite e dese algún tipo de valoración” sobre a crise de goberno máis importante da historia do ente provincial, pero non aclarou os motivos nin respondeu á pregunta clave que é “canto nos vai a custar a todos os lucenses este arranxo ao que chegaron os socialistas”
Lugo, 27 de xuño de 2025. “Unha escenificación que non se cre ninguén”. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, cualificaba así as explicacións dadas a última hora do xoves por José Tomé para, segundo o presidente da Deputación, “pechar un cúmulo de malentendidos”.
Antonio Ameijide incidiu en que “a pantomima” do Grupo Provincial Socialista “non a cre ninguén” e que a realidade é que “estamos ante un presidente esgotado e debilitado”.
Para o popular “esta crise de goberno, a maior da historia da Deputación, pechouse en falso” e por diante hai dous interrogantes, un que responderá o tempo e outro ao que ten que dar resposta José Tomé. “O primeiro é canto tempo pasará antes de que volva a suceder, pero, sobre todo, José Tomé ten que dicirnos a todos os lucenses canto nos custou este ‘arranxo’ porque o que está claro é que nos saíu moi caro”, explicou.
Ameijide critica que “tiveran que pasar máis de 48 horas” para que o presidente provincial dera algún tipo de explicación. “As palabras de Tomé onte recordaron as de días atrás de Pedro Sánchez, xa que ambos coincidiron ao afirmar que non coñecían nada de cada situación”, lamentou.
O voceiro popular insiste en que o de José Tomé “é un proxecto esgotado, finalizado”, e alude a que “Tomé está completamente só, un feito que se demostra en que non pode garantir que todos os membros do seu equipo participen dos plenos ou das xuntanzas dos órganos colexiados”.
Ante esta situación, o voceiro popular afirma que “polo ben de todos os lucenses, Tomé ten que facerse a un lado, porque está claro que non é o presidente que sempre di, o que trouxo a unidade e a tranquilidade á Deputación, é un presidente incendiario que non é capaz nin de seguir os consellos que se permite o luxo de dar aos demais”.
UN PRESIDENTE SOBERBIO E SECTARIO
Antonio Ameijide afonda na idea de que José Tomé “guíase unicamente pola soberbia e o sectarismo” o que o leva a estar moi illado tanto na Deputación como dentro do seu partido. “Non todos os socialistas concordan con Tomé xa que a liña ditatorial que instalou á fronte da Deputación basease en que se eres afín a el accederás a fondos provinciais vía convenio, pero senón eres da súa corda, quedas fóra de todo tipo de axudas”, sinalou.
Ameijide fai esta reflexión recordando como “o municipalismo de amiguetes” de Tomé consiste en repartir convenios a dedo (vía xunta de goberno e por decreto de presidencia) “unicamente para concellos gobernados por PSOE e BNG”, e dentro deses concellos “só mira para aqueles con alcaldes afíns, ignorando tamén a municipios gobernados por socialistas”.
“Ese municipalismo de amiguetes provocou esta situación dentro do goberno da Deputación e queremos saber canto nos custou a todos os lucenses o arranxo ao que chegaron dentro do Grupo Socialista”, insistiu.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



