Ribadeo, 30 de xuño de 2025. Na xornada de onte arrincou con éxito de vendas na contorna da Praza de Abastos, de Ribadeo, unha nova edición do Mercado dos Domingos. Unha cita na que o protagonista é o produto de proximidade e de calidade. “Con este Mercado dos Domingos poñemos en valor unha forma de vida, que ademais neste 2025 conxugamos co Camiño Norte”, explicou o alcalde, Dani Vega.
O rexedor e a concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, realizaron unha visita ao Mercado dos Domingos polo que tamén pasou Ángel Trabada, vicepresidente da Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago.
O Mercado dos Domingos seguirá ata o 12 de outubro.