Atopámonos a tan só uns días para que se cumpra o prazo de dez anos para o fin da concesión que permite a explotación privada da illa Pancha. Concretamente, o 30 de xuño de 2025, a validez desa concesión será prolongada ou non por outros cinco anos, sen que Portos de Ferrol-San Cibrao, Xunta de Galicia, ou Concello de Ribadeo compartisen cos cidadáns a mínima información respecto diso.
Neste sentido, hai 4 meses que a asociación Por Nuestro Faro se dirixía á Autoridade Portuaria para saber se a renovación da concesión fora solicitada, e, en caso afirmativo, se o estudo de impacto ambiental, obrigatorio por lei e inexistente a día de hoxe, ía ser por fin esixido. Non recibimos ningunha resposta.
Igualmente, o Concello de Ribadeo, facendo omisión das súas competencias, derivou directamente a Portos os nosos correos, sen achegar ningunha luz nin facer ningún xesto por mediar, supervisar ou involucrarse dalgunha forma no que atinxe a illa Pancha. Sorprende aínda máis cando se trata dun lugar único para os ribadenses, desde o punto de vista patrimonial, paisaxístico e identitario.
Ao mesmo tempo dirixímonos ao Defensor del Pueblo, para expoñer a situación e obter axuda. Efectivamente no seu escrito de hai exactamente un ano (13 de xuño de 2024), o Defensor comunicábanos que a Consellería de Medio Ambiente se comprometera textualmente a adoptar, nas súas certificacións futuras, as medidas necesarias para o cumprimento do apartado cuarto do artigo 46 da Lei 42/2007, do Patrimonio natural e da Biodiversidade, analizando os posibles efectos dun proxecto nos espazos da Rede Natura 2000 de Galicia.
Con todo, o recoñecemento de que non se está a cumprir. A legalidade, non moveu a Portos, Xunta ou Concello a corrixir a situación, o que lles valeu hai uns días a Bandeira Negra outorgada por Ecoloxistas en Acción.
Non é a primeira vez que esta plataforma ecoloxista subliña o proceder común destas tres entidades ao evitar esixir o cumprimento dos trámites nos seus respectivos procedementos de outorgamento de concesións e licenzas. Xa en 2022 a situación fora denunciada e sinalada con outra Bandeira Negra, pero as recomendacións de entón por parte do Defensor e por parte de Ecoloxistas en Acción, non serviron para cambiar o seu rumbo. Por iso, actualmente desde a plataforma exprésanse así : «Entendemos que cómpre esixir que non se conceda a prórroga mentres continúen as irregularidades denunciadas pola Asociación de Veciños Por Nuestro Faro, e concretamente que se proceda a avaliación ambiental preceptiva antes de dar continuidade á explotación do paraxe. A obriga de realizar unha avaliación de impacto ambiental para realizar unha actividade económica allea ás tradicionais en zona de Rede Natura segue a ser incumprida pola promotora, e consentida polas tres administracións con competencias no asunto que transitan entre o silencio e a opacidade».
Tras dirixirnos recentemente á Valedora do Pobo e á Comisión de Transparencia, esta semana enviamos outro correo ao Defensor del Pueblo, expresando a nosa indefensión ante a falta de información por parte das institucións, e de compromiso real ante a legalidade ignorada, neste lugar tan emblemático para todos que é a illa Pancha.
Desde Por nuestro Faro esperamos que esta situación irregular na que se atopa desde fai dez anos -tantos como levamos denunciándoo, e que o noso colectivo existe- non se prolongue máis no tempo, e as institucións velen polos nosos espazos máis significativos, non só por lei, senón por conciencia política.



















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



