Dereitos da infancia, igualdade, diversidade, saúde ou lecer serán os eixos temáticos dunha semana aberta a toda a cidadanía
Burela, 15 de xuño de 2025. O Concello de Burela celebrará do 16 ao 20 de xuño a I Semana da Infancia, unha iniciativa pioneira que busca poñer no centro da axenda local os dereitos, necesidades e intereses da infancia e a adolescencia. A programación combinará actividades e obradoiros dirixidos ao público infantil e xuvenil en horario de mañá, con propostas para todos os públicos polas tardes.
A actividade estenderase por diferentes espazos da vila, como a Praza do Concello, a Praza de Abastos, o Salón de Conferencias ou os centros educativos.
A Semana da Infancia abordará temas clave como os dereitos da infancia, o bo trato, a igualdade, a diversidade, a saúde física e emocional, e o lecer educativo. Todo iso a través dunha programación variada que inclúe xogos tradicionais interxeracionais, títeres, obradoiros de yoga, contacontos, e charlas divulgativas.
Ademais, desenvolveranse actividades paralelas como os torneos de Ping Pong e Uno, a exposición “Tan coma Ti”, centrada na realidade das persoas con Síndrome de Down, ou o concerto de fin de curso da Escola de Música.
As persoas interesadas en participar nos torneos poden inscribirse ou solicitar máis información a través da Casa da Xuventude, no correo electrónico casaxuventude@burela.org ou chamando ao 982 58 11 41.
Este evento enmárcase no recente recoñecemento outorgado a Burela por UNICEF como “Cidade Amiga da Infancia”, un distintivo que destaca o compromiso dos gobernos locais coa promoción dos dereitos da infancia.
“Para nós é un orgullo e unha responsabilidade ter conseguido que o Concello de Burela sexa ‘Cidade Amiga da Infancia’, por iso queremos festexalo por todo o alto nesta semana”, explicou Mario Pillado, tenente da alcaldesa. “Tomámonos moi en serio o recoñecemento de UNICEF e seguimos traballando coa nosa infancia e adolescencia, sempre da súa man”, engadiu.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



