Burela, 18 de xuño de 2025. A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento dunha ampla programación dirixida ao alumnado de primaria e secundaria, así como ao público en xeral.
As actividades, que deron comezo o pasado luns 16, prolongaranse ata o venres 20 de xuño, con propostas centradas na educación afectivo-sexual, a promoción da igualdade, a diversidade e a convivencia interxeracional.
Durante as primeiras xornadas celebráronse obradoiros, espectáculos e encontros abertos á cidadanía. Entre eles destacan a actuación de monicreques con Ton Arenas, sesións sobre coñecemento do corpo e a puberdade con María González Cociña, xogos interxeracionais, contacontos con Raquel Queizás e charlas sobre masculinidades e crianza respectuosa a cargo de profesionais como Jorge García Marín e Olaia Otero Cao.
A programación continúa hoxe, mércores 18, cunha nova sesión de “Novas masculinidades”, aberta ao público, ás 17:00 horas na Casa do Concello. Tamén haberá xogos e manualidades na Praza do Concello.
Xa mañá, xoves 19, celebrarase un obradoiro de creación de batuko con Batuko Tabanka e unha actuación musical para alumnado de primaria. Ademais, celebrarase unha mesa redonda titulada “Educación sen discriminación” con representantes de Red Acoge, da Fiscalía de Lugo e da entidade Ecos do Sur. Haberá dúas sesións: unha ás 12:30 horas no IES Monte Castelo para alumnado de secundaria e outra ás 17:00 horas aberta ao público na Casa do Concello. Na Praza do Concello tamén se desenvolverán xogos tradicionais interxeracionais.
A clausura da Semana da Infancia será o venres 20 cun obradoiro infantil de pintura mural a cargo de Adri Pardo na Casa da Xuventude ás 17:00 horas. Finalmente, ás 19:00 horas celebrarase un acto de peche con motivo do recoñecemento de Burela como “Cidade Amiga da Infancia”.
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou que “esta semana é unha oportunidade para dar voz á infancia e á adolescencia, escoitar as súas necesidades e seguir construíndo entre todos e todas unha sociedade máis xusta, inclusiva e respectuosa cos dereitos das crianzas”. Engadiu ademais que “a participación activa dos centros educativos e das familias está sendo fundamental para o éxito desta edición”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



