Mario Pillado, tenente da alcaldesa, participou como poñente nun encontro centrado na mellora da gobernanza das políticas locais de infancia
Burela, 5 de xuño de 2025. O Concello de Burela participou onte, mércores 4 de xuño, nas VI Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, celebradas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela. O evento, baixo o título “Da teoría á práctica: mellorar a gobernanza da política local de infancia”, reuniu representantes de diferentes administracións locais, expertos e entidades implicadas na defensa dos dereitos da infancia.
Mario Pillado, tenente da alcaldesa e concelleiro de Xuventude, interviu como poñente na mesa redonda “Gobernanza en Galicia: estado actual, contribucións e experiencias”, onde explicou o proceso e a experiencia do Concello de Burela no marco da iniciativa Cidades Amigas da Infancia, promovida por UNICEF.
A xornada, organizada por UNICEF Comité Galicia xunto coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a FEGAMP, desenvolveuse entre as 9:00 e as 14:30 horas. O seu obxectivo foi proporcionar coñecementos e ferramentas prácticas para mellorar a gobernanza das políticas locais de infancia, promover a participación infantil e facilitar o intercambio de experiencias entre entidades locais.
“Foi unha ocasión para aprender doutras realidades municipais e tamén para fortalecer redes entre concellos que compartimos o mesmo obxectivo, construír espazos máis xustos, seguros e participativos para os nosos nenos e nenas”, explicou Pillado.
Burela participou como un dos concellos convidados a compartir boas prácticas, xunto cos municipios de Moaña e Ponteareas. As xornadas incluíron tamén relatorios técnicos, obradoiros prácticos e achegas de nenos, nenas e adolescentes participantes en consellos locais e autonómicos.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



