O Valadouro, 16 de xuño, 2025. Onte, domingo 15 de xuño pola tarde, tivo lugar na Pavillón Municipal de Ferreira, a clausura das Escolas Deportivas do Concello de Valadouro na modalidade de patinaxe, onde dirixidos pola monitora Lorena Fernández Rúa amosaron un vistoso espectáculo onde as nenas, alumnas da escola demostraron a súa aprendizaxe e habilidade en números individuais, de parellas e grupos ante un numeroso público que ateigou as bancadas de Pavillón.
Ata un número de 38 nenas integraron este curso 2024-2025 na Escola Municipal de Patinaxe Artístico que vai medrando cada curso en asistencia e horas de adestramento.
Como colofón desta exitosa edición, a Concelleira de Deportes, Ana Rubal, e o Alcalde, José Manuel Lamela Piñeiro, fixeron entrega ás nenas participantes de diploma, medalla e un agasallo.
A Concelleira, Ana Rubal, manifestou a satisfacción do Departamento que dirixe, con esta Escola Deportiva e con compromiso cos valores de compañeirismo, constancia e espírito de superación que promove, manifestando que a súa delegación sempre fomentará e apoiará a desenvolvemento de deportes como este que cada ano son seguidos por máis nenas neste Concello.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.

