Daniel García e Ana Ermida participaron na inauguración deste encontro científico da Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento
Barreiros, 8 de xuño de 2025. O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida inauguraron esta mañá o congreso internacional “Paisaxes alimentarias: territorios e identidades sustentables”, organizado no marco da actividade da Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento e da International Commisssion on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF).
Unha trintena de investigadoras e antropólogos de España, Portugal, Brasil e México participan neste encontro científico en que se analizan dinámicas sociais asociadas ao feito cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global.
A emerxencia climática nos montes comunais en man común galegos, as prácticas alimentarias peregrinas, os valores resistentes e a perspectiva de xénero nas prácticas hortícolas, a etnografía do pastoreo, os esforzos para construír unha gastronomía nacional, as soidades e as tensións centro-periferia no feito de comer ou as dinámicas do reparto a domicilio nas contornas urbanas son algúns dos aspectos que se abordarán nas ponencias que se presentarán ao longo da xornada por parte das e dos congresistas.
Tamén se achegarán pescudas sobre os valores emocionais, acerca das paisaxes ecosistémicas, identitarias e culturais nas que se producen os alimentos como a desnutrición e a fame cultural asociadas aos desastres naturais.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros colabroan na organización destas xornadas que enlazan coas liñas de traballo impulsadas desde as dúas institucións en relación coa educación alimentaria, o consumo de proximidade e o apoio a modelos produtivos sustentables a través de diferentes programas e iniciativas, entre elas, a estratexia Eo Alimenta.
Ademais das achegas científicas presentadas polas congresistas, a programación do encontró completarase mañá martes cunha visita xeolóxica á praia de Augas Santas ou das Catedrais, en Ribadeo, e un percorrido polo conxunto fabril de Sargadelos (Cervo) e pola cidade episcopal de Mondoñedo.
As persoas participantes no congreso achegaranse tamén ata a denominación de orixe e indicación xeográfica protexida da Faba de Lourenzá e participarán nunha cata de mel e nun encontro con representantes do Colectivo Gastronómico da Mariña.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



