Lugo, 11 de xuño 2025. O asociacionismo mariñao vinculado á música tradicional protagoniza o segundo episodio de Folcast, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Xa dispoñible en Spotify, a nova entrega desta serie de podcast artéllase arredor das Xornadas Etnográficas da Mariña, que veñen de celebrarse en San Miguel de Reinante, Barreiros,da man da asociación Tecedeira, impulsada por Sara García de Ourol e Xacobo Ares de Ribadeo.
O Arco da Vella, asociación folclórica de Reinante fai este ano 45 anos de actividade, polo que se inclúe tamén unha entrevista con Quique Penabad, un dos seus fundadores, e Iria Penabad, da segunda xeración da asociación ademais de integrante das Adufeiras de Salitre. Tamén se inclúe unha entrevista con integrantes do grupo Tumba e Dálle, vinculado ao Arco da Vella e outras asociacións mariñás.
As entrevistas complétanse con Xiana Teixeiro, etnomusicóloga de Foz que presentou durante as xornadas un traballo sobre as comparsas mindonienses Os Veiga e Os Pacheco, e tamén coas intervencións de Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, e Dani García, concelleiro en Barreiros e responsable de Mocidade da Deputación de Lugo.
Interveñen tamén Tania Fernández do grupo A Chocolateira da Pontenova e Manuel Rodríguez Calviño, arqueólogo e investigador do téxtil na Galiza e comisario da exposición “Tecedeiras”, presente tamén nas xornadas.
Os episodios desta serie de podcast, imaxinada por Branca Villares e Xosé Gago, están dispoñibles en Spotify, onde xa se pode atopar esta entrega dedicada á Mariña. Nos próximos días iranse pendurando “anacos” do programa e algún contido extra.
Folcast é unha serie de podcast promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo en que se percorre a provincia amosando a través de entrevistas diversos trazos da oralidade e a tradición musical





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



