A libraría Bahía acolle este xoves, 5 de xuño ás 20:30h, a presentación de dous libros: ‘O villa de Pitanxo’ de José Manuel Solla Santos, unha homenaxe aos mariñeiros que faenan nas augas de Terranova e un berro por aclarar a verdade dese terrible naufraxio. E por outra banda, ‘A maxia da terra’ de Isabel Peleteiro Vazquez, unha ollada ás mulleres que saíron cara América, unha revisión en feminino da emigración de ultramar. Estarán presentes a autora e o autor dos libros.
