Viveiro 19 de xuño de 2025. O pobo de Viveiro volveu acudir á concentración, convocada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña diante do centro de saúde.
No día de hoxe no centro de saúde había 6 médic@s para atender a toda a poboación de Viveiro, xa que segundo vimos de saber non volverá haber facultativ@s nin enfermeiras en quenda de tarde ata pasado o verán. Segundo comenta a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, a mensaxe que está a lanzar a Xerencia é ” que nos meses de verán non se pode enfermar polas tardes, que nesas horas o que hai que facer é ir á praia”. A maiores, non haberá profesionais para as persoas desplazadas nunha localidade e nunha comarca q multiplican por cinco a poboación, e con un festival internacional q traerá decena de miles de persoas á cidade.
Desde a Plataforma Sanidade da Mariña iniciamos hoxe a campaña “Pola Resurrección Da Nosa Sanidade”, que consiste en fotografiarse ao carón da pancarta e enviar a foto cunha mensaxe ás rdes sociais da Plataforma Sanitaria da Mariña por privado.