Cervo, 21 de xuño, 2025. Este sábado celebrouse unha nova acción na praia da Caosa, coa colaboración dos voluntarios do Club Deportivo San Ciprián e do Club de Trail A Fume de Carozo.
Á actividade sumáronse a alcaldesa, Dolores García Caramés e o concelleiro de deportes, David Rodríguez, nunha xornada na que se recolleron numerosos residuos, entre eles unha gran cantidade de toalliñas húmidas. Aproveitouse para lembrar a importancia de non tiralas polo váter, xa que causan graves danos no medio ambiente.
A vindeira xornada terá lugar o próximo venres ás 16:00 horas na praia da Limosa, coa participación do Club Limosa Surf e Alcoa aberta a toda a cidadanía que queira sumarse
Estas actividades enmárcanse dentro da programación especial polo Mes do Medio Ambiente.