Ribadeo, 4 de xuño de 2025. Novo investimento de 40.000 euros, por parte da Xunta, para realizar melloras na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando orzamento para mellorar todas as infraestruturas municipais. Neste caso para seguir mellorando e dotando as instalacións de equipamento e tamén mellorar todo o edificio da Escola de Música. Todos somos conscientes do mal que estaba e que sigue estando en varios puntos”.
O rexedor declarou: “neste caso, ¿qué orzamento vamos destinar? Preto de 40.000 euros, que aporta a Xunta de Galicia, e vamos actuar para concretar o peche que queda sen mellorar, é dicir novas ventás, tamén novas portas, e mellorar a accesibilidade dos servizos, dos baños. Aquí vamos mellorar a eficiencia enerxética, vamos tamén eliminar barreiras arquitectónicas e a mellorar todo o entorno dos servizos”.
Para Vega “son dúas actuacións moi importantes, mellorar a eficiencia enerxética a través de novas ventás, onde se fixo xa esa actuación, pois evidentemente hai unha mellora da eficiencia enerxética e tamén mellorar os baños, que son fundamentais. Seguramente que vamos ter que actuar en máis cousas na Escola de Música, pero iremos vendo de xestionar orzamento, de concretar máis convenios e así mellorar todo un espazo que estamos dedicándollo á Escola de Música a todos estes rapaces e rapazas que tanto ben fan pola música local e tamén volver agradecer ao profesorado todo o traballo que está realizando”.
E engadiu: “unha forma de agradecelo tamén é mellorar o edificio onde traballan e onde estudan tanto alumnos como profesores. Seguimos xestionando orzamento por parte da Xunta de Galicia e así seguir facendo entre todos Ribadeo avance”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



