Burela, 5 de xuño, 2025. En decembro de 2021 Alcoa asinaba un acordo cos representantes dos traballadores e traballadoras, despois de meses de mobilizacións, que implicaba o cesamento da produción temporalmente coa condición de manter todos os empregos cando se reiniciase a actividade dous anos despois -prevista inicialmente para xaneiro de 2024-, ademais do compromiso de realizar melloras e investimentos que garantisen a viabilidade e continuidade da actividade na planta, especialmente, a construción do novo forno de ánodos.
Posteriormente, a comezos do 2023, Alcoa propuxo incrementar os prazos para o arranque, proceso de reinicio que se está a desenvolver na actualidade. A comezos de 2025 o Ministerio de Industria e Turismo xunto coa Xunta da Galiza, Alcoa e IGNIS asinaban un Memorando de Entendemento -MoU segundo as súas siglas en inglés- en que se comprometían a colaborar para “lograr a estabilidade das operacións” na planta de aluminio en San Cibrao, priorizando a reactivación das instalacións de aluminio, ademais de axilizar as autorizacións de proxectos de enerxía renovábel para “lograr custos competitivos” e incrementar as axudas ás emisións de CO2.
Porén, o Memorando ao completo non foi feito público, nin sequera se compartiu co Comité de Empresa, polo que é preciso reclamar maior transparencia e exixir que se dea a coñecer o seu contido íntegro, máis, cando algunhas das cláusulas divulgadas parecen non respectar os compromisos alcanzados cos traballadores e traballadoras en relación aos investimentos pendentes, principalmente, a construción do forno de ánodos. Así, o Ministerio de Industria parece amparar que se facilite unha saída da crise de acordo coa empresa, mais abandonando os traballadores e sen garantir a continuidade da actividade produtiva.
Esta situación podería desembocar nunha desindustrialización semellante á xa vivida en Alcoa A Coruña e Alcoa Avilés, co fechamento definitivo das instalacións. Así pois, é imprescindíbel que desde o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza, administracións asinantes dese memorando, se exixa o cumprimento do acordo asinado co Comité de Empresa e que se desenvolvan todas as actuacións e investimentos comprometidos.
No referido á subministración de enerxía, debe lembrarse que existen xa, neste momento, solucións viábeis para garantila mentres non se materialicen as PPAs previstas, de facto, segundo os datos máis recentes, sobre o total da produción eléctrica galega, máis de 40% da enerxía xerada na Galiza é “exportada” a outras comunidades, polo que se demostra que hai enerxía suficiente dispoñíbel para asegurar a continuidade da actividade.
Por tanto, no momento actual as autoridades públicas, especialmente o Goberno do Estado a través do Ministerio de Industria, debe rectificar e dar o seu apoio total ás demandas dos traballadores e traballadoras, é dicir, exixir a Alcoa que cumpra cos compromisos adquiridos, garantindo os investimentos necesarios para a viabilidade da fábrica. Neste sentido, é posíbel explorar por parte do Ministerio de mecanismos de financiamento alternativos, como por exemplo, a concesión de créditos reembolsábeis, que aseguren que a empresa realice as melloras e investimentos comprometidos, particularmente a construción do forno de ánodos que, non só é fundamental para garantir o futuro da actividade en San Cibrao, senón tamén para garantir o emprego, especialmente nas empresas auxiliares. Así mesmo, é necesario que calquera acordo ao que se chegue coa empresa inclúa aos traballadores e traballadoras das empresas auxiliares, garantindo a protección ao emprego até decembro de 2026, data até a que Alcoa asegura manter o emprego directo.
Por último, cabe lembrar que, se fose necesario, a SEPI debe estar preparada para intervir a empresa e asegurar a continuidade da actividade industrial, garantindo que non se repita a situación vivida noutras plantas de Alcoa. En definitiva, o Goberno debe actuar con determinación e priorizar os intereses da industria e do conxunto dos traballadores e traballadoras.
Por todo o exposto anteriormente, o BNG propón a adopción dos seguintes ACORDOS
O Pleno do Concello de Burela insta o Goberno do Estado a:
1. Facer público o contido íntegro do Memorando de Entendemento asinado polo Ministerio de Industria e Turismo, a Xunta da Galiza, Alcoa e IGNIS.
2. Exixir á empresa o cumprimento do acordo asinado coa representación dos traballadores e traballadoras e realizar os investimentos comprometidos, singularmente, a construción do forno de ánodos, que garantirán a viabilidade da actividade industrial e a continuidade dos postos de emprego na planta.
3. Garantir, a través de créditos reembolsábeis do ICO ou outra fonte de financiamento público, o inicio das melloras e a construción do forno deç ánodos.
4. Estender no tempo a garantía do acordo asinado para o mantemento dos postos de traballo para o persoal das empresas auxiliares.
5. Dar unha solución viábel que asegure a subministración de enerxía mentres non se materialicen as PPAs previstas.
6. Manter a previsión dunha posíbel intervención pública por parte da SEPI para o caso de que a falta de cumprimento do acordo poña en risco a viabilidade da planta de ALCOA en San Cibrao para así manter a actividade industrial e os postos de traballo.”






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



