Viveiro, 4 de xuño, 2025. O grupo municipal do BNG de Viveiro vén de presentar unha moción para esixir solucións inmediatas ante a grave situación da sanidade pública na comarca, especialmente no centro de saúde de Viveiro, que segue colapsado e continúa con menos da metade da súa plantilla médica cuberta.
Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldía e portavoz municipal do BNG, advertiu que “a veciñanza está vivindo situacións dramáticas, con listas de espera de 20 días para unha consulta de atención primaria e sen profesional sanitario de referencia en moitos casos”. Lembrou que a finais de 2023 o centro chegou a abrir con só 2 facultativos de familia dos 11 previstos, sen pediatría, con cinco consultas menos de enfermaría e atendendo unicamente patoloxía urxente. “A Xunta pretende culpabilizar á cidadanía por denunciar a realidade, pero o centro segue colapsado e o abandono é evidente”, engadiu.
A situación é igualmente alarmante no Hospital da Mariña, onde as listas de espera para consultas, seguimentos e intervencións chegan aos cinco anos nalgúns casos, e onde a falta de persoal afecta a practicamente todas as especialidades. Hoxe só están cubertas 4 das 11 prazas de Medicina Interna, 1 das 3 de Anatomía Patolóxica, 1 das 3 de Dixestivo, 1 das 3 de Cardioloxía, 3 das 5 de Radioloxía e hai dúas prazas sen cubrir en Uroloxía. Mentres, os pacientes seguen a ser derivados ao HULA, saturando ese hospital e deixando sen atención axeitada a milleiros de persoas na Mariña.
Pola súa banda, Bea Lage, responsable local do BNG, denunciou a “estratexia planificada do Partido Popular para desmantelar os hospitais comarcais, derivando pacientes ao HULA e precarizando os servizos básicos como a pediatría, que só se mantén pola presión social”.
A moción inclúe a demanda de cobertura total de prazas, a estabilización do servizo de pediatría e o envío do acordo a outros concellos mariñaos para sumar forzas.
O BNG tamén criticou duramente as declaracións recentes do conselleiro de Sanidade, que afirmou nun foro público: “¿Que la gente mayor no sabe de tecnología? Y una mierda, con perdón. La gente mayor maneja la app del Sergas que te cagas”. “Un comentario inadmisible, que mostra o nivel e o desprezo co que se trata á cidadanía desde o goberno galego”, concluíu Bermúdez.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



