Trabada, 26 de xuño de 2025. O Concello de Trabada organiza o Campionato de Balinera o vindeiro 19 de xullo ás 19:30 horas no campo da festa de Abres, coincidindo co día do tradicional churrasco da festa.
Este evento, dirixido a persoas de todas as idades, celebrarase nun ambiente lúdico e seguro. As balineras serán facilitadas pola organización, polo que non é necesario dispoñer dunha propia para participar.
O campionato contará con premios para os tres primeiros clasificados:
1º premio: Carabina GAMO valorada en 249 €
2º premio: Taladro EINHELL valorado en 213 €
3º premio: Maletín de chaves IRIMO valorado en 99 €
A inscrición é gratuíta e pode realizarse previamente nas oficinas municipais ou no teléfono 982 135 011 ata o 15 de xullo, aínda que tamén será posible anotarse o mesmo día do evento.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que “continuamos ofertando diferentes actividades de ocio que axuden a dinamizar o noso concello e ofrecer propostas variadas para todas as parroquias. Iniciativas coma esta, combinadas coas festas locais, reforzan a participación veciñal e enriquecen a vida comunitaria”.
Este campionato forma parte da liña de actuación do Concello de Trabada para seguir promovendo eventos accesibles, interxeracionais e que valoricen a identidade local a través do entretemento e a convivencia.