As familias interesadas poden entregar as súas solicitudes aos centros educativos ata o 30 de xuño, ou ás ANPAS ata o 20 deste mesmo mes
Cervo, 6 de xuño, 2025. O Concello de Cervo vén de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do programa “Cervo Madruga”, unha iniciativa que se desenvolve en colaboración coas ANPAS dos centros educativos do municipio que arrincou durante o curso que está a piques de rematar.
O programa, que ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias cervenses, será totalmente gratuíto tamén nesta nova convocatoria.
As familias interesadas poderán entregar as súas solicitudes nos centros escolares ata o día 30 de xuño, mentres que as ANPAS recollerán as peticións ata o día 20 deste mes.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés mantivo un encontro con representantes das ANPAS do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz, para afondar nesta nova convocatoria do programa, do que destacou que “naceu froito dunha demanda da comunidade educativa e que puxemos en marcha con moita ilusión, e que tivo unha resposta moi positiva por parte das familias”. Dende o Concello –engadiu- imos “seguir apostando por medidas que contribúan á conciliación e que melloren o día a día da nosa veciñanza”.
A rexedora puxo de manifesto ademais que “a colaboración coas ANPAS está a ser fundamental para que o programa funcione de xeito eficaz e adaptado ás necesidades reais de cada un dos centros, nos que lles “ofrecemos atención temperá de calidade ás crianzas antes do inicio das clases, nesas primeiras horas cando moitas familias teñen que incorporarse aos seus postos de traballo”.
No programa, que arrincará co comezo do curso escolar, o 8 de setembro, as familias teñen a opción de elixir o horario de 7:30 a 8:30 horas (con almorzo); ou de 8:30 a 9:30 horas (no caso do CEIP Península da Paz) ou ata as 9:35 horas, no caso do CEIP de Cervo.
A alcaldesa afondou en que este novo servizo vén reforzar o programa de conciliación en marcha desde hai anos no Concello, que este mesmo verán regresa para cubrir tamén integramente as vacacións escolares das crianzas, e que se desenvolverá en horario de 8:30 a 14:30 horas.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



