Burela, 11 de xuño de 2025. O Consello de Contas de Galicia presentou esta mañá no Concello de Burela o proxecto #Concello314, unha iniciativa que ten como obxectivo reforzar a colaboración entre o órgano fiscalizador e as entidades locais galegas para mellorar a xestión pública municipal.
O acto contou coa participación do conselleiro da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas, Simón Rego, quen explicou os obxectivos deste proxecto centrado en poñer en valor os informes de fiscalización e promover a colaboración como ferramenta clave na mellora da xestión local.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou a importancia de iniciativas coma esta para seguir avanzando cara a unha administración local máis eficiente e transparente. “É fundamental contar con ferramentas que nos axuden a mellorar os nosos procesos e garantir unha xestión rigorosa dos recursos públicos”, sinalou.
A sesión celebrada hoxe en Burela marca o inicio dun percorrido que levará o proxecto #Concello314 aos 313 concellos restantes de Galicia, completando así unha rolda de contacto e colaboración directa con todas as entidades locais da comunidade.
O proxecto pretende establecer un diálogo directo coas entidades locais, resolver dúbidas técnicas e destacar boas prácticas detectadas nos informes do Consello.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



