Mondoñedo, 9 de xuño, 2025. Trala petición dos socialistas de que o goberno local asuma o pago da factura do veciño de Santa Maria Maior afectado polas chuvias, desde o consistorio apuntan que: “Resulta sorprendente que os socialistas pidan que o Concello de Mondoñedo asuma o custo da factura imposta inxustamente a un veciño derivada da intervención do Consorcio Provincial de Bombeiros polas inundacións na parroquia de Santa María Maior, cando o lóxico sería que pediran ao seu propio partido a anulación do seu cobro que consideramos absolutamente fóra de lugar, e que por certo xa se negaron a cancelar cando así o pediu o Grupo Provincial Popular nunha recente sesión plenaria da Deputación”.
Máis aínda cando se trata dunha intervención de emerxencia provocada pola rotura e os defectos da canalización das augas de drenaxe da vía LU-P3103 de competencia provincial, non sendo responsabilidade nin do veciño nin do Concello. “É indecente e indignante ver como unha estrada provincial está xerando danos na casa dun veciño e por riba, a mesma administración que lle provoca esta situación lle pretenda cobrar os custes polo achique de auga do servizo de bombeiros”.
“Pedimos, pois, menos demagoxia e máis compromiso real cos veciños e se de verdade queren ser útiles, insten á Deputación a corrixir esta situación dunha vez por todas, tal como reclaman continuamente os veciños desta parroquia que o levan sufrindo desde hai case dous anos e medio despois do primeiro episodio de rebentóns e inundacións”.
“Un compromiso que asumimos todas as forzas políticas nunha xuntanza do alcalde, Manuel Otero, nesta parroquia o pasado mes de abril e no que acordamos crear unha mesa de traballo con todas as administracións afectadas, e do que aínda estamos esperando polo nomeamento dun representante do ente provincial”.
Por último, “desde o Concello e desde o grupo provincial do Partido Popular facilitamos asesoramento legal ao veciño na tramitación das alegacións e na presentación dun recurso de reposición, polo que agora está da súa man a estimación da Deputación para que se solucione”, rematan.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



