Os populares tamén se interesaron na última sesión plenaria polas actividades infantís para favorecer a conciliación das familias
Xermade, 3 de xuño de 2025. Os concelleiros do PP de Xermade esixen ao goberno municipal socialista o arranxo da pista de Fonxerez. Os populares volveron reiterar na última sesión do Pleno da Corporación a necesidade de actuar nesta vía: “cada vez é maior o seu deterioro, pero o goberno socialista segue facendo oídos xordos a pesar de que o temas advertida en reiteradas ocasións”.
Nese sentido, lembran ao goberno local “a necesidade de realizar un plan de mantemento e conservación periódica nas vías municipais para evitar a degradación das mesas e que xeren prexuízos aos veciños e veciñas”.
Os populares tamén esixiron información aos responsables do goberno local sobre as actividades dirixidas aos máis pequenos para favorecer a conciliación das familias do municipio.
Ante as respostas do alcalde socialista, os populares destacan que “mentres o Partido Popular impulsou as actividades de verán ás que este goberno se limita a darlles continuidade sen ningún tipo de proposta propia; o PSOE négase a impulsar outras novas actividades” para favorecer a conciliación coma o programa Madrugadores.
Dende o PP de Xermade lamentan que “o equipo de goberno considere que non merece a pena un servizo de conciliación”; xa que “o alcalde asegura, cada vez que lle preguntamos por esta cuestión, que se apunta pouca xente”.
Os populares manteñen que “este tipo de servizos se debe prestar para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar sen ter en conta o número de posibles usuarios cada ano. Precisamente a garantía deste servizo pode contribuír a asentar familias no noso municipio”.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



