O sábado 21 sesión vermú con Costa Dorada, que repetirán pola noite xunto á orquestra Waykas. O domingo sesión vermú con Tania Veiras e Los Cumbiapop que repetirán en sesión de tarde. Ese día haberá posto de polbo.

O sábado 21 sesión vermú con Costa Dorada, que repetirán pola noite xunto á orquestra Waykas. O domingo sesión vermú con Tania Veiras e Los Cumbiapop que repetirán en sesión de tarde. Ese día haberá posto de polbo.
Aproveitando a visita dos monarcas a Burela deste martes, José Antonio Zan, presidente do comité de empresa, fíxolles chegar un comunicado que reflicte a difícil situación que sufre a factoría desde hai meses.
A cita será o próximo domingo día 22 de xuño ás 18:30h na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, un día pensado para os máis cativos, para que podan mostrar o aprendido durante todo o curso. Á parte do grupo anfitrión, este ano estarán acompañados pola Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Durante o acto, efectuaránse diferentes sorteos. As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde de música e baile tradicionais onde os máis cativos serán os protagonistas.
A cita foi organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con CECAP. No acto inaugural participaron a directora xeral de Formación, Zeltia Lado, a subdirectora xeral Antía Guillén, e a directora de Academia A Mariña, Becky Hermida.
Traballan man a man con Vicenzo Mansi, un dos mellores "pizzaiolos" do mundo, gañador do premio en 2024.
A cita tivo lugar no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos e contou cunha trintena de exemplares inscritos. Ata alí achegáronse a rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, que compartiron un anaco moi agradable con criadores e afeccionados neste evento que é foi todo un escaparate do mellor da cría desta emblemática raza. A xuíza Ana Paola Díaz Esteban foi a encargada de xulgar a todos os participantes nas diferentes categorías, con premios para o mellor boxer nacido en Galicia, o mellor veterano, a mellor promesa, o mellor xove ou o mellor de raza, entre outras moitas categorías.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital