Burela, 13 de xuño, 2025. O Concello de Burela informa de que o vindeiro martes, día 17 de xuño, as súas maxestades os Reis visitarán Burela nun acto vencellado á pesca, ao que o mar nos dá, ao que somos. Trátase dunha visita de especial simbolismo para a nosa vila, estreitamente ligada ao mar, á súa cultura, economía e identidade.
A presenza da Casa Real supón un recoñecemento a Burela como un dos centros pesqueiros máis importantes do país, cun porto que leva décadas apostando pola calidade, a modernización e a competitividade, e cunha lonxa que se ten consolidado como referente no sector.
Burela medrou grazas ao sector do mar. Máis de cen anos de historia, traballo e sacrificio dan sentido a unha identidade que nos une. Porque Burela é mar. Sempre foi. Sempre será.
“O martes 17 será un día importante para Burela. Un día para dicir con orgullo o que somos”.
O Concello de Burela agradece esta visita como un xesto de apoio institucional e un impulso para seguir defendendo a pesca como motor económico, social e cultural do noso territorio.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



