Ribadeo, 28 de xuño de 2025. Ribadeo renovou a súa páxina web turística, na que está recollida a esencia deste concello e todo o seu legado. Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
O rexedor contou que “Ribadeo presenta a súa páxina web renovada, onde hai espazo para aqueles iconos que temos en Ribadeo. Un espazo dedicado para As Catedrais: autorizacións das visitas, como chegar, as mareas, as xeorrutas, visitas guiadas. Os consellos que se dan para cando se visita a praia das Catedrais, desde un punto de vista da seguridade, tamén a historia, a xeoloxía, a flora, a fauna e as figuras todas de protección”.
Vega seguiu a relatar: “tamén temos un espazo dedicado ao Ribadeo Indiano. O Ribadeo Indiano, ten tamén o seu propio espazo dentro da páxina web, vaise poder consultar o programa, todo o que vai haber no Ribadeo Indiano durante esa fin de semana”.
O alcalde indicou que “nesa web tamén hai un espazo dedicado ao patrimonio: Descubre Ribadeo, o legado indiano, a ría de Ribadeo, a costa e as praias, o patrimonio que temos, un espazo que nos conecta coa Mariña, as esencias de Ribadeo e todo un espazo dedicado a aquel Ribadeo 20/25, ese aniversario no que estamos nestes momentos, onde vai haber un espazo para a fotografía, todo o que queremos resaltar que ten Ribadeo, o casco vello, o patrimonio, que é declarado BIC, por iso cumprimos 20 anos e tamén 25 anos de destino turístico”.
A web de turismo ten como destinatario ao visitante: “para aquela persoa que queira organizar a súa viaxe: onde de comer, onde durmir, Ribadeo detallado en días, as festas, as celebracións, o Camiño de Santiago, o turismo activo”.
Dani Vega subliñou: “a axenda, esta é unha novidade moi importante. Cando entramos na páxina web do Concello de Ribadeo é tamén na páxina web que presentamos agora, a páxina web turística, hai un calendario onde está toda a información detallada. Por exemplo, agora mesmo entras en xuño e xa che detalla todas as fin de semana e as semanas seguintes, é dicir todo un mes explicado o que vai haber durante todo ese mes”.
Para o rexedor “é moi boa noticia que a páxina web teña un espazo para a axenda, porque así moita xente se pode programar o que hai que facer, por exemplo, en Ribadeo no mes de setembro. É moi importante ter unha axenda actualizada, unha axenda ben programada, e que as persoas se poidan informar. A través, repito, da páxina web que hoxe presentamos, da páxina web turística e tamén da páxina web do Concello”.
Vega cree que “é unha páxina moi completa, que se pode facer practicamente toda a reserva para acudir a Ribadeo e tamén esa galería de imaxes que vamos ir incorporando pouquiño pouco. É un portal dixital onde se explica a esencia, o que ten Ribadeo, todo o seu legado, todo o seu patrimonio, todos os seus espazos naturais, toda unha programación dese Ribadeo dinámico, dese Ribadeo de eventos, que ten vida todo ano”.